Domingo, 10 Nov. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Día da Patria no Val Miñor: “Por un cambio en clave galega”.

Día da Patria no Val Miñor: “Por un cambio en clave galega”.

Correo-e Imprimir PDF
xulian carlos

Máis dun centenar de persoas do Val Miñor "sen siglas partidarias; diversas e plurais" e "unidas polo amor a Galiza", celebraron un encontro o pasado martes no Pazo da Escola nun adianto da conmemoración do Día da Patria. No acto fixeron uso da palabra o arqueólogo Xosé Lois Vilar e mais o profesor Xulián Maure. A velada contou coa animación dun grupo de gaiteiros que "decatáronse da celebración por Facebook" e concorreron pola súa conta a compartir a súa música. Tralas intervencións tivo lugar unha mesa de petiscos e viños nunha velada de confraternidade que durou ate vén entrada a noite. "O ano que vén sen dúbida seremos máis e todo sairá mellor", salientaron os organizadores "pois son moitas as persoas que se van sumando ao cambio que os novos tempos marcan pero, en clave galega".