Manuel Fraga apoiou a «observación pertinente» do conselleiro de Economia, Xosé Antón Orza, sobre a convéncia dunha moderación das subidas salariais en Galicia para mellorar a produtividade da economia galega. Fraga foi mesmo mais lonxe no seu apoio á tese do conselleiro e a presentou como unha medida eficaz para prevenir a deslocalización, isto é, a fuga de empresas a paises con menor presión salarial. Advertiu que eses fenómenos que acarrean a perda de postos de traballo «serÃan moi perigosos para Galicia, que está nun momento de industrialización».
Con todo, o presidente da Xunta matizou o alcance das declaracións de Orza no Parlamento, que suscitaron duras crÃticas entre os sindicatos e mesmo a desaprobación do presidente do Consello Galego de Relazóns. Apontou que non se trata de dicer que hai que baixar os salários, «senón que hai que ter en conta o impacto xeral sobre a productividade e a creación de riqueza».
Ler nova completa da Voz de Galicia