Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O primeiro “Círculo Podemos” da bisbarra do Val Miñor se constituirá en Nigrán.

O primeiro “Círculo Podemos” da bisbarra do Val Miñor se constituirá en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
pablo iglesias

A pesar que acadou 1.397 votos no Val Miñor nas últimas eleccións europeas, a formación política "Podemos", de Pablo Iglesias, non tiña unha agrupación formalmente constituída na bisbarra. Co pulo de colocarse como carta forza electoral nos tres concellos miñoranos, agora xa circula nas redes unha convocatoria para conformar a primeira no concello de Nigrán. Será o vindeiro sábado 7 de xuño ás 18 horas nunha asemblea nos salóns do hotel Sotomayor (Rúa Rosalía de Castro, 7-9). Se ben o convite titúlase "Presentación Podemos Nigrán", en contacto con VM.info, matizouse que a idea é desenvolver unha primeira asemblea onde informar das bases de organización do "círculos" e evolucionar na conformación do grupo en outras vindeiras, "como se ten feito noutros municipios".

Segundo o texto da convocatoria, os temas principais que abordarán nesta primeira xuntanza será a presentación das bases políticas do movemento Podemos e informar como se están a organizar noutros concellos. O texto engade a intención de "Abrir a la ciudadanía un lugar en el que comunicarse y proponer iniciativas a nivel local". Tamén se tratará a organización de vindeiras asembleas de cidadáns "cara o futuro" así como un espazo final para rogos e preguntas.