Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Tras dous anos prófugo foi detido na Lama o presunto autor de catro roubos en Baiona e Nigrán.

Tras dous anos prófugo foi detido na Lama o presunto autor de catro roubos en Baiona e Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

A Policía Xudicial de Vigo detivo o pasado venres na localidade da Lama, a J.G.P.M. como presunto autor de catro delitos de roubo con forza. Os feitos producíronse de xeito consecutivo no mesmo mes, en xuño do ano 2012, en diversos locais e fincas de Nigrán e Baiona. Segundo especificaron as autoridades policiais, o delincuente está acusado de cometer un roubo con forza nas oficinas da empresa 'CRC Representacións', da Ramallosa.

En Baiona, o ladrón chegou a actuar en dúas ocasións. Así, os furtos rexistráronse nunha clínica dental, ademais dun roubo con forza na oficina de seguros Axa Seguros.
O autor dos roubos tamén conseguiu entrar noutra axencia de seguros, situada na Ramallosa, forzando as entradas do establecemento.
Os feitos rexistráronse os días 6,7 e 13 de xuño de 2012 e desde entón non se tiveron novidades do delincuente. Grazas á obtención de pegadas palmares no transcurso das inspeccións que foron realizadas nalgún dos establecementos, as autoridades conseguiron pescudar a identidade do detido.