Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Co conto de pedir a hora rouban o móbil a unha parella na Ramallosa a punta de navalla.

Co conto de pedir a hora rouban o móbil a unha parella na Ramallosa a punta de navalla.

Correo-e Imprimir PDF
iphone-robado

Unha moza foi ameazada a punta de navalla por outras dúas na Avenida Manuel Lemos (PO 552) cando esperaba para ingresar a unha discoteca da zona. As agresoras non chegaron a ferila máis fixéronse cun teléfono móbil e lograron fuxir a pesar dos gritos da vítima.

Co conto de preguntar a hora, dúas rapazas abordaron a unha parella próximas á entrada da discoteca localizada no Centro Comercial da Ramallosa. Cando o mozo amosou o móbil para contestar, unha delas arrebatoullo da man. Foi entonces cando a parella do rapaz tentou recuperalo e a agresora intentou agredila cunha navalla. Salvouse logo de que o rapaz lograra mediar ante as agresoras permitindo que fuxiran co móbil e evitando así que se consumara a ameza.
Os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo á vista de ducias de mozas e mozos que tamén esperaban o acceso ao local. Se ben as vítimas solicitaron un teléfono para alertas ás autoridades da agresión e sinalar a dirección na que fuxían as atracadoras, a resposta que obtiveron foi a de  olbigalos a dirixirse persoalmente a por a denuncia en sede policial local. A mesma quedou feita na Garda Civil de Baiona.