Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Alerta por estafas no rural cos contadores da luz

Alerta por estafas no rural cos contadores da luz

Correo-e Imprimir PDF
Novos contadores electrícos

Non se trata do tarifazo da luz pactado por electrícas e goberno, a estafa viría ante a confusión xerada polo goberno sobre a obriga de cambiar os contadores analóxicos a os contadores dixitais, medida que dende varias asociacións de consumidores consideran como outra medida de gasto das tantas do sector.

Varios municipios avisan aos seus veciños dun timo baseado nun falso cambio dos aparellos que miden o consumo. Xa hai polo menos dous detidos.

Baiona xa rexistrou varios casos ainda que non existe un comunicado oficial dende o concello.

 

Dous mozos de Trazo foron detidos esta semana como presuntos autores de 30 estafas relacionadas con falsas inspeccións do contador da luz. Os detidos facíanse pasar por traballadores de Gas Natural Unión Fenosa. O seu obxectivo preferente eran persoas maiores do rural.
Ante esta noticia, son varios os municipios que están a advertir aos veciños contra este tipo de actos ilegais. 

Estos supostos operarios dunha empresa electrica indícanlle aos veciños/as que teñen que pagar o cambio de contador por adiantado.

Segundo o municipio, trátase dun grupo de persoas que se fan pasar por operarios dunha empresa eléctrica e indícanlle á veciñanza que teñen que cambiar os seus contadores antigos por uns novos que son dixitais. Nese intre é cando os presuntos estafadores lle din aos veciños/as que ese cambio de contador téñeno que pagar por adiantado. Deste xeito, os veciños e veciñas pagan un servizo que nunca se vai realizar.

No caso de que algún veciño/a caia nesta presunta estafa debe avisar o máis axiña posible á Policía Local para evitar que se produzan novos casos.