Xoves, 18 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta advirte que “non hai marcha atrás” na aplicación do Plan de Transporte Metropolitano.

A Xunta advirte que “non hai marcha atrás” na aplicación do Plan de Transporte Metropolitano.

Correo-e Imprimir PDF
Medio Ambiente remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio de adhesión ao Plan de transporte metropolitano

-Medio Ambiente remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio de adhesión ao Plan de transporte metropolitano
-O Plan que Mobilidade que afecta a todo o Val Miñor "non ten marcha atrás" segundo comunicou este luns o conselleiro Agustín Hernández ao alcalde de Redondela, Javier Bas.
A Xunta de Galicia remitirá mañá aos concellos da área de Vigo a proposta de convenio para a súa adhesión ao Plan de Transporte Metropolitano, así como unha estimación do custo económico que suporá a súa incorporación a este programa. A decisión ten por obxectivo que as administracións locais inicien os trámites necesarios para poder poñer en marcha o plan a partires do vindeiro ano.


Así o avanzou hoxe o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, ao alcalde de Redondela, Javier Bas, co que mantivo unha reunión esta mañá na casa do Concello.
Hernández asegurou que para a Xunta "xa non hai marcha atrás na posta en marcha desta iniciativa, que constitúe un dos exemplos máis claros de emprego axeitado e eficiente dos fondos públicos".
O Plan conta conta co visto e prace dos tres alcalde do Val Miñor, segundo xa reclamaran en varias comparecencias públicas. A posta en marcha do transporte metropolitano na área de Vigo permitirá segundo a Xunta aforros que poden superar os 1.000 euros por cidadán e ano, así como a redución do uso dos vehículos privados, "e aínda máis na cidade de Vigo que con ao redor de 500.000 habitantes ten rexistrados uns 250.000 automóbiles", sinalan.
Hernández reiterou que o seu desexo é que ao longo do 2014 se acade o acordo e se poida aprobar o plan por parte das distintas corporacións locais establecendo así a súa posta en marcha no 2015.
Por último, engadiu que, a pesar de que o Plan de Transporte Metropolitano é un ámbito de negociación multilateral con todos os concellos da área, non existe inconveniente en manter reunións bilaterais para trasladar os beneficios que reportará o plan as usuarios, tal e como aconteceu o sábado 1 de marzo, data na que o conselleiro se reuniu co alcalde de Vigo