Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor As bibliotecas municipais de #Nigrán e #Baiona no alto do ranking dos catálogos máis consultados en rede.

As bibliotecas municipais de #Nigrán e #Baiona no alto do ranking dos catálogos máis consultados en rede.

Correo-e Imprimir PDF
biblioteca-nigran

-Con máis de 800 mil consultas ao seu catálogo a Biblioteca Municipal de Nigrán colócase no 3º lugar na listaxe de entidades da Rede de Bibliotecas de Galicia (MEIGA), a decembro de 2013.
-Baiona pecha a lista das 10 bibliotecas públicas municipais con fondos en liña máis consultadas.

O Proxecto MEIGA da Rede de Bibliotecas de Galicia que xestiona a Xunta deu a coñecer unha listaxe na que constan a cantidade de visitas aos catálogos en liña das entidades adheridas. No mesmo, e dentro das de carácter público e municipal, a biblioteca de Nigrán 1.080.842 consultas á web, 838.031 consultas ao seu catálogo e 225.372 visualizacións.
No mesmo orde, a de Baiona rexistrou a decembro de 2013, 588.859 visitas á web, 409.935 consultas ao catálogo en liña e 154.616 visualizacións.