O temporal toca de cheo no Val Miñor

Imprimir

Os efeitos do temporal fixeronse notar espécialmente no municipio de Gondomar, onde parroquias como Peitieiros, Couso, Chaín e Morgadáns sofren dende o pasado luns prolongados cortes de luz.

Onte o suministro cortouse cara as doce do mediodía e, pasadas as sete e media da tarde, os veciños destas localidades continuaban sen luz nas suas casas.

Esta situación creou un malestar xeneralizado entre o vecindario. Moitos afectados pensan denunciar esta situación a través da Federación Galega de Municípios co fin de que a Consellería de Indústria multe a Unión Fenosa.

A policia local de Gondomar tivo ademais que retirar numerosas árbores que cairon na estrada en Couso. Tamén desprendeuse a cornisa dun edifício no centro e unha árbore da finca do Pazo do Conde. En Sabarís, outra árbore desprendíase a última hora da tarde en Viso de Calvos invadindo parte da estrada. Os veciños foron os encargados de retirar e trocear con motoserras dita árbore, tivendo que demorar o traballo por falta de condisións de luz.

Ler nova completa da Voz de Galicia