Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor #ViolenciaDeXénero Concentración comarcal de repulsa polo asasinato de María Luisa Jiménez Jiménez

#ViolenciaDeXénero Concentración comarcal de repulsa polo asasinato de María Luisa Jiménez Jiménez

Correo-e Imprimir PDF

-A Coordinadora Comarcal da Marcha Mundial das Mulleres convoca a unha concentración de repulsa polo asasinato de María Luisa Jiménez Jiménez o vindeiro venres 28 de febreiro ás 20 horas no MARCO de Vigo.
María Luisa, de 37 anos, nai de 6 fillos e embarazada, foi asasinada polo seu compañeiro este domingo. "Con ela sumamos outra muller máis na Galiza no que vai de ano, vítima da violencia machista que paga coa súa vida a discriminación e a desigualdade que padecemos todas", denuncian desde a Coordinadora da Marcha Mundial das Mulleres.
As convocantes salientan o seu propósito de "que a indignación de toda a sociedade saia á rúa para rexeitar o cruel asasinato de María Luisa e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra elas polo feito de selo".