Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Por un ensino público, laico e democrático centos de manifestantes encheron as pontes da Ramallosa.

Por un ensino público, laico e democrático centos de manifestantes encheron as pontes da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
1623694 690192241032553 2098533213 n

A "vella" e a "nova" quedaron pequenas para albergar aos centos de manifestantes que este sábado saíron cara á Ramallosa para repudiar a reforma educativa LOMCE e reivindicar o dereito a un ensino público, laico e democrático. A Coordinadora de Centros de Ensino do Val Miñor que representa á práctica totalidade dos centros públicos da comarca, desenvolveu "A marea das palabras", nas pontes da Ramallosa no que foi a terceira gran manifestación pública nos últimos meses, tralas convocatorias dunha Marea Negra en San Campio e a Cadea humana en Praia América.


Estudantes, docentes e veciños portaron ao longo das pontes e rúas carteis e pancartas que reclamaban entre outras esixencias: "Inclusíon", "Pacto educativo"," Ensino para tod@s", "Loita polo ensino", "Laicidade", "Democracia", "Garantía de igualdade" e "Empatía", como claves para un "Ensino do futuro".
Baixo o lema "Palabras nas pontes" os colectivos educativos da comarca mobilizaronse novamente para defender o sistema público de ensino "condición indispensable dunha sociedade democrática e igualitaria." e para insistir na urxencia de construír un novo modelo educativo capaz de responder ás necesidades do presente, coa participación de toda a comunidade e dende a base".