Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor De Nigrán a Europa: o catedrático José Luis Outes candidato galego á lista federal de IU nas europeas.

De Nigrán a Europa: o catedrático José Luis Outes candidato galego á lista federal de IU nas europeas.

Correo-e Imprimir PDF
jose-luis-outes

- Profesor de Teoría Económica da Universidade de Vigo e candidato nas municipais de 2011 por Esquerda Unida de Nigrán, José Luis Outes acadou o 34,70% nas votacións desenvolvidas en toda Galicia para presentar á federal de IU de cara ás eleccións europeas.

Esquerda Unida xa ten o seus candidatos para presentar á federal de IU e configurar, así, a lista que esta formación estatal presentará ás eleccións europeas. Trátase de José Luis Outes, catedrático de Teoría Económica na Universidade de Vigo e Saínza Ruíz, fisioterapeuta e investigadora de posgrao.

 A elección destes dous candidatos celebrouse en asembleas deliberativas xunto con outro referendos para o debate e aprobación do programa marco das eleccións europeas. Segundo subliña EU nun comunicado, as asembleas convocadas en todas as comarcas, "tiveron un amplo debate e participación".

 "Dende Esquerda Unida, temos a vontade de elaborar de xeito colectivo e horizontal o programa co que nos queremos presentar ás europeas. Ante o convencemento de que a alternativa da esquerda transformadora é posible e que sen participación non hai democracia, estamos certos de que a elaboración programática debe ser unha achega da cidadanía e dos movementos e colectivos sociais comprometidos polo cambio social", apunta este partido.

 Neste proceso participou o 63% da militancia de Esquerda Unida que elixiu a dúas persoas das 13 presentadas a dito proceso. Destas 13 persoas, 7 foron homes e 6 mulleres. Máis da metade dos candidatos eran mozos e mozas menores de 30 anos. Con todo, o máis votado foi José Luís Outes, co 34,70% dos votos. Saínza Ruíz obtivo o 18% dos apoios.

Traxectorias

José Luís Outes (Vigo 1943, xublilado), catedrático de Teoría económica da universidade de Vigo, un dos referentes fundamentais dos estudos económicos en Galicia sobre Banca Pública e Dinámica económica. Foi un dos economistas de Esquerda Unida activos nos anos 90 contra o acordo de Maastrich e as políticas económicas do BCE.

Saínza Ruíz (Ferrol 1990) moza de Ferrol, diplomada en Fisioterapia pola universidade da Coruña onde realiza o posgrao de especialización. É a coordinadora da área de sanidade local de Ferrol.

Coa colaboración de Galicia Confidencial