- Atendendo a unha posible declaración de nivel vermello de alerta meteorolóxica ou "a circunstancias que o aconsellasen", os directores dos centros quedan autorizados a suspender totalmente a actividade docente.
- A suspensión foi determinada pola Comisión Escolar de Alertas e comprende a todos os centros educativos de Galicia, agás no sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, para este venres 14 de febreiro.
A Xunta matiza que de momento non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar. Sen embargo, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas.
Nese senso, para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro "supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen", a Xunta autoriza aos directores a adoptar "as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente".