Os partidarios de Bush, cas ideias esgotadas, peden que arresten a Michael Moore

Imprimir

Resumen da carta onde Michael Moore o conta:

Queridos amigos:

� posíbel que últimamente teñades ouvido dicer que o Partido Republicano de Michigan pediu que me arresten. Asi foi.Tratan de lanzar-me unha série de acusacións e esperan que iso baste para prenderme .

Non, non vos estou a tomar o pelo. O 4 de Outubro, o Partido Republicano apresentou unha demanda criminal ante os fiscais de todos os condados de Michigan onde intervin a semana anterior.

O Meu crime? Limpar a roupa interior de todos os que voten nas próximas eleizóns.

Cada noite, na nosa â??Xira de Mobilidade dos Holgazansâ?? por sesenta cidades nos vinte Estados do campo de batalla, estiven a fichar a centos (e algunhas noites mesmo miles) de votantes nos actos que tiñan lugar nos estádios. Alá pedin-lles aos que tiñan mais de 23 anos e que nunca votaron (ou que non votaron nas últimas eleizóns) que se movilizaran.dixen-lles a todos eses folgazáns que comprendo e respeito as razóns polas que pensan que os políticos non se merecen nada. Dixen-lles que eu podia ter sido o mais xenuino dos folgazáns, e que non queria mudar os seus modos de vida. Seguir durmiendo até o mediodía! Seguir bebendo cervexa! Tombar-vos no sofá e ver tanta televisión como sexa posíbel! Pero por favor, facei-no por min, o 2 de novembro quero que salgais de casa e que intenteis ir votar só por esta vez. Nesta ocasión xogamos-nos demasiado.

Pensara que este ano non me quedaba xa nada por ver â?? Disney negando-se a distribuir o filme que habia subvencionado, direitistas acosando aos proprietários de salas de teatro que pasasen â??Fahrenheit 9/11, grupos de acción conservadora tentando suprimir as axudas ao noso filme, a innecesaria clasificazón restritiva T que obriga aos adolescentes a entrar a furtadiñas para ve-la , e todos os ataques estúpidos e desquiciados sobre min e o filme que tiven que escoitar mentres que a xente os ignoraba e a levaba ás suas casas para ve-la .E cando todo iso non serviu de nada, cinco grupos diferentes de republicanos levan a cabo cinco ataques a través de diversos documentais durante un período de seis semanas.Pero eran tan maus, tan aburridos, tan direitistas, que ninguén queria ve-los e tiveron que largarse

Amigos meus, non me van a atrapar. Ainda que teña que viver fuxindo, e ainda que non poda voltar a casa ao meu amado Michigan, vos fago, a ti e aos teus, esta promesa solene: aos folgazáns de America non lles van faltar os seus tallarins, poderán levar orgullosamente a sua roupa interior limpa como americanos libres e van quitar do poder a Bush o próximo 2 de novembro (ainda que non se ergan para ir votar até despois do mediodía).

 

A noticia completa podedes ve-la na páxina de Michael Moore, e traducida aqui.