Xoves, 18 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Esquerda Unida denuncia a perda de 10 postos de traballo na peaxe de Vilariño da AG-57.

Esquerda Unida denuncia a perda de 10 postos de traballo na peaxe de Vilariño da AG-57.

Correo-e Imprimir PDF
peaxe-nigran

Esquerda Unida denuncia que volveron a desaparecer as denominadas cabinas manuais das saídas da autoestrada en Vilariño. Sinalan que a concesionaria as elimina a pesar de que a Axencia Galega de Infraestruturas afirmou o pasado ano que tomaría medidas "no marco do contrato" se a concesionaria non mantén unha persoa na cabina as 24 horas do día.
Coa medida que está a adoptar a concesionaria, Esquerda Unida estima que se van a perder 10 postos de traballo, sen que se produza ningunha beneficio para a veciñanza do Val Miñor, como podería ser a liberalización da peaxe na "circunvalación" do Val Miñor. Aseguran que esta medida, ademais de resultar un prexuízo para as persoas usuarias da autoestrada, "so vai a servir para aumentar os beneficios da empresa concesionaria, a costa da eliminación de 10 postos de traballo, nunha comarca onde non fai mais que crecer o paro".


Neste senso anuncian que o deputado de Alternativa Galga de Esquerda Juan Fajardo, preguntará á Xunta de Galicia, sobre as penalizacións que se lle impuxo a concesionaria o pasado ano. Desde a formación amosan a sospeita que ditas penalizacións podan ser o suficientemente baixas como para que á concesionaria lle sexa máis rendible que pagar os salarios das persoas necesarias para cubrir o servizo.