Unha familia da parroquia de Priegue (Nigrán) atopa un mexillón xigante de 26 cm de longo por 15 cm de ancho na Praia Ladeira en Baiona. O exemplar foi amosado esta mañá ás cámaras da RTVG. A familia especula co xeito das últimas treboadas que poderían ter empurrado o molusco dende as profundidades, seguramente desde varias millas da costa. Agora esperan que seque para vernizarllo e gardar como adorno na casa.