O Centro de Medios Independentes Galego entre os afectados

Imprimir

O FBI confisca discos duros de Indymedia

Os servizos de información alternativa de Indymedia en Galiza, Italia, Portugal, Polonia ou Euscadi están entre os sitios inaccesíbeis logo de que o FBI requisase un servidor no Reino Unido. O fornecedor Rackspace, con oficinas nos EEUU e en Londres, recibiu unha orde que lle obrigou a entregar información e equipos en Inglaterra que acollían as webs de centros locais da rede Indymedia.

Polo momento é descoñecida a razón pola que o FBI se incautou dos discos duros, e segundo lle explicaron a Indymedia dende Rackspace, non teñen permitido achegar máis información logo da orde da oficina policial estadounidense. Dende Indymedia amosan a súa preocupación porque unha máquina que se supón está fóra da xurisdicción americana poida ser requisada pola administración USA.
Anuncian tamén que xa se contactou coa Electronic Frontier Foundation, asociación que traballa a prol das liberdades na rede, para o deseño e a organización da defensa legal e co obxectivo de recuperar toda a información confiscada.

Ligazóns relacionadas:
Indymedia
FBI
EFF
Rackspace

Noticia completa en Vieiros