Galicia continuará baixo un episodio de chuvias e fortes ventos tanto no mar como en terra que afectarán ao litoral norte e zonas altas do interior. No mar haberá intervalos de forza 8 e as ondas superarán os 8 metros de altura a partir do mediodía.
Aínda que os sistemas de borrascas do norte comenzan a debilitarse, continuarán achegando ondas de mar de fondo por riba dos 5 metros en todo o litoral Galego.
A xornada do luns comezará cun temporal de vento e chuvia durante a madrugada, pero o tempo tenderá a mellorar co paso das horas. Durante a mañá as chuvias iranse facendo menos frecuentes e intensas, comezando polo noroeste e avanzando cara ao sur e o interior esta melloría. Xa pola tarde quedarán chuvascos pouco significativos e incluso se abrirán grandes claros no interior. As temperaturas durante esta xornada serán suaves, posto que as mínimas ascenderán entre moderada e notablemente, mentres que as máximas manteranse ou ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán moderados do suroeste, con refachos fortes no litoral de A Coruña.
O forte temporal racha con parte do paseo do parque da Palma.
Ondas de 8 metros rompendo na praia de Cuncheira e no paseo de Pinzón, A forza do mar convertiuse o pasado sábado nun espectáculo ao que acudiron un centenar de curiosos para ver en directo a forza do mar.
Vídeo Telemariñas
Dim lights Embed Embed this video on your site
Video