Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O IEM restaura a lápida do represaliado descoñecido soterrado no cemiterio civil de Nigrán.

O IEM restaura a lápida do represaliado descoñecido soterrado no cemiterio civil de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
lapida-restaurada

Os restos do represaliado descoñecido exhumado en 2009 na fosa número 2 de San Xián descansan novamente no cemiterio civil de Nigrán. Grazas ó labor de colaboradores e voluntarios do Instituto de Estudos Miñoranos foi posible dignificar e restaurar a sepultura onde foi depositado no ano 2010, tras aparecer esta meses atrás, desfeita e en malas condicións

.Ademais da recuperación da urna, o equipo de voluntarios e colaboradores colocou unha nova lápida que substitúe a orixinal que aparecera partida en varios anacos. Por outra parte os restos deberon ser obxecto dun tratamento de secado para a súa conservación, posta en perigo tras a exposición ás chuvias ante a falla de protección.
Esta persoa que xunto con outros cinco veciños do Val Miñor fora executada e soterrada en dúas fosas próximas ao cemiterio de San Xián no ano 1937, descansa agora nun espazo digno á espera da aparición dun familiar que permita a súa identificación e a posibilidade dun novo enterramento se así o desexan os seus achegados.