Afectados pola supresión de liñas de ATSA no Val Miñor convocan unha asemblea aberta en Gondomar.

Imprimir
ASEMBLEA-ATSA-001

Gondomar segue a sufrir o recorte nas liñas de autobuses da empresa ATSA que deixou ao concello con tan só 8 quendas diarias a Vigo. A pesar das ameazas da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de multar á empresa por esta decisión unilateral, a mesma mantén a medida. Nese senso, un grupo de usuarios decidiu facer unha convocatoria ca fin de reunir ás persoas afectadas nunha asemblea aberta que terá lugar o vindeiro sábado 7 de setembro ás 20:30 horas no Centro Neural de Gondomar, a poucos metros da terminal de autobuses.
Os usuarios queren analizar a situación, valorar as consecuencias así como unha serie de medidas a tomar co xeito de reverter a decisión da concesionaria.