Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Afectados pola supresión de liñas de ATSA no Val Miñor convocan unha asemblea aberta en Gondomar.

Afectados pola supresión de liñas de ATSA no Val Miñor convocan unha asemblea aberta en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
ASEMBLEA-ATSA-001

Gondomar segue a sufrir o recorte nas liñas de autobuses da empresa ATSA que deixou ao concello con tan só 8 quendas diarias a Vigo. A pesar das ameazas da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de multar á empresa por esta decisión unilateral, a mesma mantén a medida. Nese senso, un grupo de usuarios decidiu facer unha convocatoria ca fin de reunir ás persoas afectadas nunha asemblea aberta que terá lugar o vindeiro sábado 7 de setembro ás 20:30 horas no Centro Neural de Gondomar, a poucos metros da terminal de autobuses.
Os usuarios queren analizar a situación, valorar as consecuencias así como unha serie de medidas a tomar co xeito de reverter a decisión da concesionaria.