Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Alberto Valverde afirma que a Xunta non autorizou a redución de quendas feita por ATSA no Val Miñor.

Alberto Valverde afirma que a Xunta non autorizou a redución de quendas feita por ATSA no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
atsa

-O rexedor popular culpa ao seu par Abel Caballero polos atrancos no establecemento dunha política de transporte metropolitana.

-O alcalde de Nigrán e presidente da Mancomunidade do Val Miñor pide ao BNG que fale co seu “socio” en Vigo, para solucionar a conformación do organismo supramunicipal.

O alcalde de Nigrán e actual presidente da Mancomunidade do Val Miñor, Alberto Valverde, rexeita a redución de liñas de ATSA. Afirma que as mesmas foron acometidas sen autorización da Xunta de Galicia á vez que pide ao goberno autonómico “que agilice al máximo los trámites administrativos pertinentes, con el fin de reducir a la mínima expresión el perjuicio que esta reestructuración de líneas, no autorizada por el gobierno autonómico, genera entre los vecinos de Nigrán y de todo el Val Miñor”.

Estas son as primeiras declaracións públicas feitas por un dos alcaldes do Val Miñor, ante a reestruturación de quendas e liñas da empresa ATSA denunciadas o pasado sábado polo BNG, e que afecta principalmente a comunicación entre Gondomar, o interior de Nigrán e o conxunto de parroquias limítrofes de Vigo até Coruxo. Nese senso, o sábado pola tarde a información desta reestrutura do transporte público non era coñecida polo alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, sendo o seu concello o máis afectado pola mesma.  

Valverde responsabiliza ao alcalde de Vigo Abel Caballero.

Nas súas declaracións, Valverde sinala ao rexedor de Vigo, o socialista Abel Caballero como o principal responsable da ausencia dunha política de transporte público metropolitano, pola súa negativa de integrar o organismo supramunicipal que coordine e abarate servizos na zona. “El área metropolitana nace por la decisión de los 14 ayuntamientos que lo conforman de ceder a este órgano la gestión de determinados servicios, con la condición de que lo implemente y lo abarate, por lo que la negativa del alcalde de Vigo de no sumarse a esta iniciativa solo perjudica a todos los vecinos del área metropolitana”, acusa Valverde.

O alcalde popular de Nigrán pide ao BNG que fale co seu “socio” en Vigo.

  1. BNG Valverde pídelle que sexa práctico: “Sin ánimo de criticar la denuncia que este grupo realizó el pasado fin de semana sobre esta cuestión, el BNG debería hablar con su socio de gobierno en Vigo y hacerle entender que la única solución posible a esta problemática de las comunicaciones entre municipios vecinos, así como a otras muchas, es la puesta en marcha real del área metropolitana, y de forma especial, de un transporte público metropolitano”, sentencia.