Galicia Verde baixo un ceo Negro

Imprimir

Central de As PontesAs Pontes contamina mais que todos os coches de Galicia xuntos.

Galicia é verde. A sua imaxe é o dun verxel sulcado de mil rios. Pero sobre este paraíso natural se ciernen mouras sombras. Unha dúcia de indústrias galegas atopanse entre as mais contaminantes de España e de Europa. Con elas, o verde ecolóxico se torna gris.

O Rexisto Europeo de Emisóns Contaminantes, creado por Bruselas, acaba de por cifras ao que ate agora eran sospeitas. Factorías químicas, térmicas, siderúrxicas ou cementeras repartidas pola comunidade están á cabeza de España en emisóns á atmosfeira de dióxido de carbono, óxidos de enxofre, óxidos nitrogenados ou compostos fluorados. Entre outros males, todos estes gases son os principais responsables do efeito invernadero e do troco climático.

As Pontes

Até agora, quen visitaba As Pontes de García Rodríguez, en A Coruña, se asombraba coa cheminea do central térmico e os seus 350 metros de altura, a máis elevada do mundo tras a de Toronto (Canadá). Os veciños do município a chamaban "O carallo de Europa" e, durante anos, provocou protestas no Reino Unido, pois a responsabilizaban da chúvia acida que caía no sur de Inglaterra.

As presións suministraron efecto. Endesa acometeu melloras e a central térmica de As Pontes reduciu a sua contaminación. Pero as cifras do Rexisto Europeo de Emisóns Contaminantes (http://eper.eea.eu.int), recén publicadas, seguen colocando á indústria como a mais contaminante de España e a terceira de Europa.

Endesa As Pontes chimpa á atmosfera cada ano 10.400.000 toneladas de dióxido de carbono. A empresa española que lle segue non atinxe os sete millóns de toneladas, e Meirama está en terceiro lugar, con catro millóns. O resto situase moi lonxe destes parámetros.

"O carallo de Europa" lanza cada ano a atmosfera tamén vinte mil toneladas de óxido de azoto e 315.000 toneladas de óxidos sulfúricos, os mais perigosos para a natureza, polo seu contido en azufre.

Para calibrar a magnitude dos máis de dez millóns de toneladas de dióxido de carbono que As Pontes vierte na atmosfeira, abonda saber que un turismo meio contamina nun ano, con un consumo normal e 20.000 quilómetros percorridos, un total de 3,23 toneladas de CO2.

Asi, as emisóns anuais da central térmica equivalen ás de 1.334.365 coches, que superan os 1.188.425 turismos que están dados de alta na Comunidade.

Para o dicir con toda claridade: Só Endesa As Pontes contamina mais que todos os coches de Galicia xuntos.

A empresa ten actualmente en marcha un plano para reducir a sua contaminación. Para iso, substituirá o lignito galego por carbón británico, que deixa menos resíduos de azufre, que na atmosfera convertense no aciedo sulfúrico que xera as devastadoras choivas e névoas acidas. Pero este esforzo de Endesa magoas traducirase nunha redución dun 4 % na contaminación da planta, que seguirá estando á cabeza de España e de Europa.

A auténtica bomba de reloxería medioambiental que é a central térmica de As Pontes xa era coñecida antes de agora. Teses doctorais e denuncias lograran sacar Ã¡ luz alguns datos. Pero o Rexisto Europeo de Emisóns Contaminantes (EPER) acaba de clarificar todo o panorama.

A ocasión de Kioto

Mostra de iso é Kioto. Gracias ao Protocolo Internacional asinado en 1997, por primeira vez, son as empresas as interesadas en que se coñeza con exactitude canto contaminan. E a razón é simple: se minten á baixa o pagarán no futuro.

O Goberno español fixou o pasado venres os criterios máximos de contaminación permitida con gases de efeito invernadoiro. Agora, as comunidades autónomas deberán asignar a cada empresa un tope de emisóns, que será o mesmo que tiñan en 1997. Como incrementar a contaminación está proibido e se paga con multas, as empresas vironse obrigadas a recoñecer as suas emisóns reais.

Estes son os datos que oferece o Rexistro Europeo de Emisóns Contaminantes, de 2001, inclue entre 1.399 empresas españolas a unha dúcia de galegas con taxas moi elevadas.

As Pontes é o maior polucionador atmosférico español, pero a central térmica de Meirama se coloca entre as grandes contaminantes españolas. Cada ano solta ao aire mais de catro millóns de toneladas de dióxido de carbono, unidas a 70.600 de óxidos de azufre. As suas emisóns completanse con arsénico, cadmio ou níquel, medibles en quilogramos.

No sector enerxético destaca tamén a refinería de Repsol en A Coruña, que emite ao aire cada ano 1.580 millóns de quilogramos de dióxido de carbono. Con eles, van 3.350 toneladas de óxido nitróxeno, 2.560 toneladas de óxidos sulfúricos, outras 2.200 toneladas de metano, xunto a metais pesados como o níquel (5,3 Tm), mercúrio (25 quilogramos) e cadmio (21 kgs.)

Sector siderúrxico

A siderurxia contase tamén entre os sectores industriais mais contaminantes. Ã? cabeza está en Galicia a planta de Alumina Aluminio en Lugo, que emite ao ar cada ano 831.000 toneladas de CO2. A fábrica chimpa tamén Ã¡ atmosfera dez mil toneladas de óxidos sulfúricos, responsábeis da chúvia acida, xunto a 440 quilogramos de mercúrio, un metal altamente contaminante.

No sector siderúrxico destaca tamén Megasa, radicada en A Coruña, que sobresae na emisón de óxido de nitróxeno, un dos mais activos gases para o efecto invernadero. A planta chimpa á atmosfeera 173.000 toneladas deste gas anualmente.

ENCECuriosamente, a empresa Ence, que tan malos olores provoca en Pontevedra e Marín, non destaca polas suas emisóns a atmosfera, segundo os datos do Rexistro Europeo de Emisóns Contaminantes (EPER). A fábrica chimpa anualmente polas suas chimeneas 304 toneladas de óxido de nitróxeno e outras 436, de óxidos sulfúricos, os principais responsables do mal olor e, tamén, das choivas ácidas.

Sen embargo, o rexisto estabelece que Ence contamina a auga. Asi, emite cada ano 12 toneladas de fósforo, xunto a cobre (2,4 Tm), zinc (1,8 Tm) e sete quilogramos de mercúrio.

O rexistro europeo de emisóns recolle dez mil empresas de toda a UE, das que 1.400 son españolas. Galicia ocupa un lugar destacado, con indústrias á cabeza en liberación de dióxido de carbono, PM10, óxidos de nitórxeno e óxidos de azufre.

Rexistro público

O obxectivo do European Pollutant Emission Register (Eper), que pode consultarse a través de Internet no enderezo web www.eper.eea.eu.int/, é que cidadáns e instituizóns de investigación podan acceder aos datos sobre contaminación dunha forma sinxela e fiable. Os datos actualizanse anualmente.

"A xente ten direito a saber quen está contaminando o seu entorno", dixo a comisária europea de Meio Ambiente, Margot Wallström, na apresentación do Eper.

A criación deste inventario de emisóns é fruto dunha resolución da Declaración de Rio de Janeiro de 1992. Os datos son aportados polas empresas e verificados polos gobernos rexionais. O espectro recolle cincuenta substáncias contaminantes e fábricas dos sectores químico, enerxético e mineiro, até as granxas industriais avícolas ou de porcino.

Neste sentido, figuran tamén algunhas plantas galegas de producción de animais, como Avícola de Galicia, situada en Campañó (Pontevedra), que emite ao ano 94 toneladas de nitróxeno ao ar.

En calquera caso, o Eper é só un rexisto informativo. A comisária de Meio Ambiente xa recalcou que estes dados "non teñen valor punitivo, se non que reflecten a superación duns valores considerados pola Unión Europea como os óptimos". De momento, segurou, "a única obriga legal das empresas é informar, e o fixeron".

Sen embargo, a aplicación do protocolo de Kioto mudará as cousas. A partir de 2005, as indústrias recollidas no Eper terán que controlar as suas emisóns de gases de efeito invernadoiro, baixo a ameaza de multas. O exame que hoxe Galicia suspende, deberia tornarse un aprobado en 2012.


A Xunta exixirá reducir sómentes un 6% as emisóns
 
 
Cumplir o protocolo de Kioto pasa polas comunidades autónomas. Serán elas as encargadas de asignar a cada fábrica o tope máximo de emisóns contaminantes a atmósfera, despois de que o Consello de Ministros do pasado venres fixase os criterios de asignación por sectores.

Ainda que  non definiu os cupos, a Xunta defende que as plantas Meirama (Fenosa) e As Pontes (Endesa) reduzan a sua emisóns un 6%. Calquera asignación mais baixa, segundo a Administración galega, poderia pór en perigo a viabilidade futura de ambas instalacións.

O director xeral de Indústria, Ramón Ordas, explicou que, de momento, só se coñece a asignación total de emisóns de CO2 para o conxunto do sector eléctrico. A cantidade global para toda España ascende a 82 millóns de toneladas. Só As Pontes xa produce mais de dez toneladas. Ordas defende que os cupos de emisón para estas indústrias sexan "os do período 2000-2002 menos un 6%".