Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Timo da revisión da instalación do butano no Val Miñor

Timo da revisión da instalación do butano no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Tarxeta identificativa utilizada polos estafadores.

Veciños do Val Miñor informan que hai un home xoven rondando as casas da comarca coa intención de realizar unha suposta revisión da instalación de gas.

O obxetivo destes estafadores son persoas maiores, principalmente soas por seren máis vulnerables.

Este tipo de reparacións só adoitan realizarse previo aviso pola compañía oficial, polo que toda actuación da que non se informou ao cliente con anterioridade pode tratarse dunha acción ilegal.

Os estafadores unha vez dentro do domicilio informa aos propietarios que deben cambiar os reguladores de gas ou mesmo as gomas, "por estar caducadas" e solicita pola reparación entre 25€ e 150€, facendo ver ao propietario que é algo obrigatorio. Cando os propietarios do domicilio solicitan información da empresa, os técnicos limítanse a entregar unha tarxeta morada como a da imaxe, onde figura un teléfono 902 de asistencia de butano, e un código de técnico manuscrito.

Segundo nos informou unha veciña, a central de Repsol Val Miñor ten constancia de varios casos na zona, e mesmo en Vigo existen tamén numerosos casos co mesmo modus operandi dende xa fai un ano.

Outros casos similares en todo o territorio nacional.

Os casos da comarca non son os únicos que se rexistran últimamente en España. Nalgúns casos, adoitan acudir varias persoas, e mentres un encárgase de realizar a suposta revisión outro entretén á vítima e un terceiro acode ás habitacións para subtraer o que poida ou para obter información de face a futuras visitas. Nestes casos, pódese chegar a presentar unha denuncia por roubo.

Noutros casos, hai operadores de empresas instaladoras de gas que actualmente xa non traballan nin fan este servizo, pero que se dedican a conseguir diñeiro de forma extra cobrando de máis a unha persoa pola reparación dunha avaría ou unha revisión que en realidade non se solicitou. Desa forma, embólsanse unha cantidade que debería corresponder a unha empresa especializada.

Xunto a isto, fontes consultadas sinalan que existe unha terceira práctica, que pode consistir na realización da revisión máis ou menos 'legal', pero que á hora do cobro inclúe un custo de máis polos materiais.

Responsables de empresas distribuidoras recoñecen que no último trimestre disparáronse as consultas por este modo de proceder dos supostos revisores do gas butano.

Forma de actuar

As persoas que foron afectadas por este timo ou que tentaron ser enganadas coinciden en describir a forma de actuar dos supostos profesionais. Apuntan que adoitan ir con vestimenta propia da empresa de gas para obter credibilidade. No caso de que a vítima manifeste as súas dúbidas sobre a necesidade da revisión, facilitan un teléfono para que se poida asegurar de que todo é correcto. Nestes casos, crese que o número proporcionado é o dun colega que se encargaría de informar o cliente de forma errónea sobre unha avaría e que o falso operario ten que realizar ese labor. Normalmente, só se limitan a explicar sobre a importancia do cambio da goma que comunica a bombona de butano coa instalación do gas, polo que se chega a cobrar unha cantidade que pode roldar entre 50 e 100 euros.

Un dos responsables da distribuidora oficial de gas butano afirma que as queixas nos últimos meses acentuáronse, xa que todos os días acoden persoas para asegurarse sobre se estas actuacións son normais. Ante as dúbidas xeradas sobre a visita dos operarios, prefiren despedirlles con algunha escusa e acudir á empresa subministradora para saber se todo está en regra. É nese momento cando teñen coñecemento de que foron vítimas dun intento de timo. No peor dos casos, cando se dan conta do ocorrido xa é tarde. Caeron na trampa e xa só poden denunciar o ocorrido ante a Policía.

Segundo explican as empresas especializadas, este tipo de reparacións só adoitan realizarse previo aviso pola compañía oficial, polo que toda actuación da que non se informou ao cliente con anterioridade pode tratarse dunha acción ilegal e xamáis cobrarán diñeiro en efectivo, si non que o cargo do servizo realízase na seguinte factura do cliente.