Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O BNG oponse á suba nas tarifas da piscina mancomunada

O BNG oponse á suba nas tarifas da piscina mancomunada

Correo-e Imprimir PDF
piscina-mancomunada-val-min
Download this file (inf_intervencion_piscina_mancomunidade.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A maioría popular levará unha moción ao próximo pleno da mancomunidade para incrementar nun 1,4% as tarifas da piscina mancomunada do Val Miñor. A mesma fundaméntase na aplicación automática do IPC anual. Pola súa banda, o BNG anuncia que se opoñerá ao devandito incremento por entender que viola o prego regulador da concesión. A postura dos nacionalistas está sustentada nun informe da Intervención que argumenta no mesmo sentido, pois non corresponde a aplicación automática do IPC, xa que o Prego regulador da concesión "sinala con claridade meridiana que para a determinación da cuantía da revisión teranse en conta o incremento dos gastos de persoal e o dos demais gastos de xestión", segundo afirma o concelleiro Xavier Rodríguez (BNG Nigrán).

O BNG explica o mecanismo legal de axuste das tarifas da piscina da Ramallosa.
Rodríguez explica que " non procede revisión de prezos polo primeiro dos conceptos, tal e como sinala o informe de intervención, xa que o incremento aplicable polos gastos de persoal terá como límite o acordado para o persoal dos Concellos, que neste exercicio e no anterior non se produciu, incluso producíndose un descenso nas retribucións dos empregados públicos".
Xa que logo, deberíase aplicar só a parte proporcional da suba do IPC "segundo a estrutura de custes presentada pola concesionaria", sinala o concelleiro Rodríguez. Engade que
tamén é salientable o feito de que a empresa concesionaria ten practicado unha política de mínima atención aos usuarios que optan polo bono estándar, como teñen denunciado a esta formación diversos usuarios da piscina mancomunada, quizás orientada a incitar a contratación de servizos suplementarios".