XVIII Festival da Poesia do Condado

Imprimir

Música, audiovisual, fotografía, pintura, solidariedade e, sobre todo, poesía, nunha nova edición deste evento xa consolidado na fin de cada verán en Salvaterra de Miño. Defensa da liberdade de expresión, autodeterminación, denuncia da violencia contra a muller e loita contra a precariedade laboral, do ensino e da sanidade públicas son centro especial da reivindicación deste ano. A cita: entre o 2 e o 4 de setembro.

 

Sociedade Cultural e Desportiva do Condado

Independente de institucions e nascida em Novembro de 1.973, a SCD ten realizado numerosas actividades ao longo da sua história. Desde 1.981 organiza o Festival da Poesia, o encontro poético-musical e cultural de maior envergadura na Galiza. Esta festa da cultura â??tenta de ser o xérmolo do xunguimento, nunha nova perspectiva, no que o factor común seña a unidade solidaria diante da agresión cotiánâ??

Limiar do livro de poesia

A liberdade vai en nós

A democracia non existe, é unha utopía a conquistar.

A liberdade non existe, é unha ansia dalgúns peitos afoutos e un soño da imaxinación.

E as liberdades non existen en ningures, hai papeis e leis que dan pé a que as creamos posibeis, únicamente.

O que si hai é persoas que queren ser libres.

E para que haxa persoas que se queren dignas, que se queren libres, é preciso que exista antes de nada a palabra sen medo. Na vida todo ten límite, e tamén as palabras pódeno ter, pois as palabras o mesmo que poden dar paz tamén poden alimentar o camiño da guerra e chamar por ela. Mais precisamos atrevernos a falar, a escribir, a dicir libremente. Pois precisamos ser dignos e libres.

O noso país, a Galiza, foi educado primeiro no medo e logo na sumisión e no descrimento, no cinismo. Precisa oírnos falar atrevéndonos a ser libres. Con naturalidade, sen lle pedir permiso a ninguén. O noso país precisa empezar a gañar a dignidade. E a dignidade empeza dentro de cada un cando nos atrevemos a botar fóra a palabra que nos nace verdadeira dentro.

E por iso é tan daniña a censura, non porque perxudique ao censurado, que tamén, senón porque lle rouba ás demais persoas a posibilidade de coñecer, de oír as palabras sen medo, as que nos liberan. E todos aprendemos a falar escoitando, e repetindo logo. E todos temos que oír primeiro libremente, para poder pensar e ser libres.

Suso de Toro

Toda a información no sitio da SCD Condado