Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Novo vertedoiro clandestino de entullo en Peitieiros que eleva a 183 o número destes enclaves ilegais no Val Miñor.

Novo vertedoiro clandestino de entullo en Peitieiros que eleva a 183 o número destes enclaves ilegais no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
entullo

-O sistema de seguimento de vertedoiros de entullo ilegais espallados no Val Miñor desenvolvido pola Asociación A Groba chega aos 183 “puntos negros”.

-Os ecoloxistas acaban de presentar unha nova denuncia ante o Concello de Gondomar e o Seprona pola  aparición de entullo de obra nunha pista forestal da parroquia de Peitieiros.

- Varios camións de entullo de obra atópanse espallados en O Xesteiro, con materiais como azulexos, formigón, ladrillos, ferros e cables.

A Asociación ecoloxista A Groba deu conta o Concello de Gondomar e o Seprona da aparición dun recheo de entullo nun camiño forestal na zona de O Xesteiro en Peitieiros. Sinalan que un veciño deu o sinal de alerta dunha grande cantidade de entullo de obra. Entre os restos espallados na pista forestal atópanse restos de azulexos, formigón, cemento, ladrillos, ferros, cables, madeiras, escaiolas, e diversos materias pesados.

Multas de 600 a 31.000 euros aos infractores.

Os ecoloxistas lembran que segundo a lei de residuos de Galicia, estas infraccións poden ser penalizadas con multas que van desde os 600 euros, sanción leve (non inclúen materiais perigosos) ata as graves que poderían chegar os 31.000€.

O Val Miñor acada os 183 “puntos negros” de vertedoiros incontrolados segundo A Groba.

A Groba mantén un catálogo coa xeolocalización dos puntos “negros” con verteduras incontroladas de entullo na bisbarra. Esta entidade leva contabilizado 183 puntos de verteduras de lixo e entullo no Val Miñor, 66 en Nigrán, 44 en Baiona  e 73 en Gondomar. “É urxente que a veciñanza tome conciencia de que non se poden tolerar estas actuacións” sinalan voceiros de A Groba.

Denuncian que en “Galicia é moi frecuente atopar entullo, restos de lixo de orixe doméstico nas beiras dos camiños, no monte, preto das vivendas nos núcleos rurais”.  Neste senso advirten que os principais responsables dos vertidos son os “propios veciños ou empresas que evitan así a xestión molesta de restos de obras, como se da neste caso”.

Advertencia

A organización ecoloxista, que sen fins de lucro leva anos na defensa do medio ambiente advirte que o  impacto inmediato destes “minivertedoiros” incontrolados sobre “a paisaxe e a calidade de visual do entorno é moi alto. Ademais afectan a integridade da vexetación do contorno podendo provocar a desaparición no lugar de especies autóctonas”.

Na páxina web de A Groba: http://www.agroba.org/index.php existe un apartado no que se poden rexistrar as alertas medioambientais que se detecten. A meta desta entidade é o camiño cara a unha convivencia sostible no medio natural.