17 de agosto, Día de Galiza Mártir

Imprimir
Coincidindo co fusilamento de Bóveda o 17 de agosto de 1936 en A Caeira, Pontevedra, en 1942 o galeguismo no exterior fixou o Día de Galiza Mártir ou Día dos Mártires Galegos. Quíxoselle render homenaxe deste xeito ás ducias de persoas que deron a súa vida na loita contra a dictadura franquista. 

A revista A Nosa Terra do 25 de xullo de 1942 apresentaba así o tema:

â??
A Irmandade Galega, nunha felis inspiración patriótica, tomou o acordo de instituír como Día dos Mártires Galegos a data do 19 de agosto (un erro evidente de imprenta). Nun día como ise do ano 1936, as forzas negras da reaución nemigas da liberdade de Galicia e treidoras a República Hespañola, fusilaron ao mártir máisimo da Patria Galega: Alexandre Bóveda, segredario do Partido Galeguista.

Ningunha data máis axeitada que isa, pra nela lembrar e honrar aos milleiros de galegos que foron fusilados polo seu â??delitoâ?? de querer a Autonomía de Galicia e de ser leiales a República Hespañola. Isa data, Día dos Mártires Galegos, ficará consagrada na ialma do pobo galego como xusta eisaltación dos que deron o seu sangue e a súa vida pola nosa sagra Terra e ficará como eterna maldizón para os treidores de Galicia e pra os que decretaron i executaron as mortes dises milleiros de irmáns nososâ??.

Hai xa 68 anos que o exército sublevado fusilou na Caeira, en Poio, ao galeguista Alexandre Bóveda. Na memoria do deputado ourensán e do resto de vítimas republicanas da Guerra Civil celebramos o "Día da Galiza Mártir". O concello de Poio acolleu na mañá deste martes un acto en memoria de todos eles. Vexan tamén as seguintes ligazóns de Vieiros:

  • "Bóveda na Galiza do 2004", artigo de Justo Beramendi para Tempos Novos
  • Bóveda, a figura incómoda do nacionalismo: chat co historiador Ramón Villares.
  • Taramancos non esquece a Bóveda: transcrición dunha emisión do programa radiofónico arxentino 'Con vós', dirixido á comunidade galega.
  • Biografía de Alexandre Bóveda, manifesto, mp3 coa súa voz orixinal cantando coa Sociedade Polifónica de Pontevedra e conclusións do Congreso "A Galiza de Bóveda"
  • A guerra civil en Galiza: ligazóns na rede