Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Os profesores do IES Auga da Laxe únense aos "Venres Negros" contra a reforma Wert do ensino.

Os profesores do IES Auga da Laxe únense aos "Venres Negros" contra a reforma Wert do ensino.

Correo-e Imprimir PDF
manifestacion-ies-auga-da-l

-" A educación non é un gasto, é un investimento" dicía a pancarta que presidía a concentración docente.

 

Este venres tivo lugar unha nova xornada de protesta por parte dos profesores dos centros de ensino do Val Miñor. Por segunda vez, os profesores do IES Escolas Proval manifestáronse ao mediodía ás portas do instituto. Esta segunda xornada de"Venres Negro", os docentes concorreron a clase -como xa ían advertido- vestidos totalmente de negro en sinal de protesta contra o anteproxecto de lei da reforma do ensino. En Gondomar, os profesores do IES Auga da Laxe fixeron a súa concentración na rotonda localizada na intersección da rúa Elduayen e a Avenida Campo da Feira.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site