Martes, 22 Sep. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Venres negro no ensino do Val Miñor: "Recortar é o voso negocio. Educar o noso traballo".

Venres negro no ensino do Val Miñor: "Recortar é o voso negocio. Educar o noso traballo".

Correo-e Imprimir PDF
concentracion-proval

-Os profesores do IES Escolas Proval manifestáronse ao mediodía ás portas do centro en rexeitamento do futuro modelo de ensino proxectado na "Reforma Wert".

-A concentración estivo presidida por unha pancarta que expresaba o sentir dos docentes: "Recortar é o voso negocio. Educar o noso traballo".

-Docentes de tódolos centros de ensino do Val Miñor traballan na conformación dunha coordinadora comarcal ca fin de espallar o "Venres Negro" por tódala bisbarra.

"Nós queremos facer visible o noso rexeitamento de toda unha serie de medidas que están provocando un claro deterioro do ensino público e que están afectando as condicións de vida e de traballo dos traballadores do ensino e dos funcionarios en xeral", manifestou Rosa Pascual, docente do IES a Valminor.info. Pasado o mediodía, a case totalidade do claustro estaba as portas das Proval baixo unha intensa choiva que neses intres asolagaba as ribeiras do Miñor a poucos metros da concentración.

A coñecida docente e catedrática de Historia aseguraba que "Se pretende facer ver como unha necesidade -os recortes- para saír dunha crise como unha cuestión puntual. En realidade é un proxecto de reforma profunda do papel que o ensino ten que facer na sociedade. E que ten como obxectivo a largo prazo unha privatización deste servizo, o mesmo que no servizo sanitario", sostivo.

"Os venres imos reunirnos aquí -aínda que chova- porque é o dia que se reúne o goberno para tomar medidas de recorte. Por iso lamentámonos vestíndonos de negro", sinalou Rosa Pascual en alusión ás cores das vestimentas que lucían os profesores, unha medida acordada conxuntamente.

Os profesores das Proval están mantendo xuntanzas con colegas dos outros centros de ensino da bisbarra cara á formación dunha coordinadora comarcal: "Queremos facer chegar unha ola grande, unha marea nova, unha marea negra dende Galicia" agreou Pacual.

 

 Informe conxunto Valminor.info / Grupo VIARTV

Dim lights Embed Embed this video on your site