Máis de 8 mil cidadáns alegan contra a construción dun parque eólico na Serra do Galiñeiro.

Imprimir
s gali_gondomar

8.055 cidadáns asinaron alegacións individuais contra a construción do parque eólico na Serra do Galiñeiro. As mesmas foron entregadas na Delegación da Xunta de Galicia en Vigo esta mañá por membros da Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro, nun acto que foi acompañado polos medios de prensa. No transcurso deste xoves 29 de novembro, os colectivos integrantes da Plataforma presentarán un completo estudo multidisciplinar -próximo aos 100 folios- co que intentará convencer ás autoridades autonómicas dos grave impacto que a instalación provocaría no enclave e a vida dos veciños dos municipios afectados.

 

Segundo explicou Antón García, membro da Plataforma, as alegacións individuais centran as súas denuncias no impacto ambiental e cultural que o parque eólico produciría na zona.

A primeira das 8.055 sinaturas pertence simbolicamente a Xosé Luis Méndez Ferrín (presidente da RAG, e autor do libro de recente publicación, Nos Galiñeiro), e a que pecha a recolleita levada adiante pola Plataforma, é a do alcalde de Vigo, Abel Caballero.