Bota andar unha campaña cidadán de alegacións ao proxecto eólico na Serra do Galiñeiro.

Imprimir
vigo-cumbre

-Durante a xornada de folga xeral deste mércores 14 de novembro haberá puntos de recepción e documentos para asinar na Praza América e nas Travesas (Vigo)

A Plataforma pola defensa da Serra do Galiñeiro bota andar nas redes e nas rúas unha campaña cidadá cara a presentar alegacións contra o parque eólico que a Xunta de Galicia ten proxectado instalar neste enclave miñorano. O tempo aprema e o vindeiro 30 de novembro pecha o prazo para presentar as devanditas alegacións na Xunta. Por iso, a Plataforma xunto con decenas de organizacións sociais de toda Galicia poñen a disposición un modelo de alegación para descargar e asinar. As mesmas deberán ser entregadas antes desa data

nas dependencias da Xunta, nos concellos con portelo único ou nalgúns dos puntos fixos que a Plataforma ten dispostos na bisbarra até o vindeiro 25 de novembro.

Puntos de recepción das alegacións:

-Dependencias da Xunta en calquera provincia ou nos concellos e outros organismos que teñan portelo único.

-Durante a xornada de folga xeral deste mércores 14 de novembro haberá puntos de recepción e documentos para asinar na Praza América e nas Travesas (Vigo)

- Santiago de Compostela: Local de ADEGA. R/ Travesa de Basquiños 9. Horario de oficina.

-Ponteareas: I:E:S: A Granxa. Horario escolar.

-O Morrazo: R/ Pamás 2. DOMAIO. (É a Estrada Provincial)

-Vigo. Centro: Pi y Margall 53: Terra, Deporte e Aventura. Horario de comercio.

-Vigo. As Travesas: Avd. do Fragoso 43: Imaginarte. Horario de comercio.

-Gondomar: IEM. Avd. da Feira, 10. De 7 a 10 da noite.

-Gondomar: Librería Libraida. Horario de comercio.

-Vincios (Gondomar): Centro Cultural: Nas oficinas. Horario de oficina.