Venres, 31 Mar. 2023

Actualizado04:28:43 PM GMT

Estás en Val Miñor O Sindicato de Xornalistas condena a violenta detención dun fotógrafo en Peinador

O Sindicato de Xornalistas condena a violenta detención dun fotógrafo en Peinador

Correo-e Imprimir PDF
Momento da detención do fotógrafo en Peinador - Imaxe Ponte.tv
Momento da redución policial ao fotógrafo - © Diario de Pontevedra
Concentración diante da Sub-delegación do Goberno en Pontevedra @V_Penide
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte

O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) denuncia a violencia gratuíta e innecesaria coa que foi detido onte o fotógrafo do Diario de Pontevedra no Aeroporto de Peinador, Vigo. Como se pode comprobar nas imaxes publicadas, axentes da Unidade de Intervención Policial chegaron a pórse sobre sobre R. E. tras botalo ao chan para esposalo e arrestalo.

O SXG descoñece arestora os motivos polos que o informador foi detido durante a recepción aos atletas olímpicos galegos. Agora ben, do que está seguro a central sindical que a situación podería ter sido reconducida doutro xeito máis pacífico, con máis diálogo e menos violencia. Un fotógrafo de prensa non supón ameaza algunha para ninguén que xustifique as bochornosas imaxes de violencia en Peinador.
Pola saúde da democracia, o SXG esixe a Delegación do Goberno en Galicia que aclare inmediata e publicamente os feitos. Máis cando non é a primeira nin a segunda vez que o SXG e outros colectivos da profesión teñen que denunciar o trato que dan os axentes da Unidade de Intervención Policial aos informadores, aos que por lei deben facilitar o acceso á información.

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra asegura que a polémica detención do fotógrafo do Diario de Pontevedra, Rafa Estévez, produciuse como "resposta á actitude manifestada" polo reporteiro "cara a un funcionario policial para garantir a seguridade dos medallistas olímpicos". Nun comunicado de prensa, a subdelegación asegura que o axente "tivo que ser atendido no hospital das lesións producidas por unha cabezada que lle alcanzou a cara". "Concretamente, a zona da boca e do nariz, tal e como recolle o parte policial". No entanto, nada se di dun parte médico de lesións.