Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A marcha cabalar contra o Microchip convocou máis de medio millar de persoas en Vigo.

A marcha cabalar contra o Microchip convocou máis de medio millar de persoas en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

marcha-microchip-1Trescentas persoas a cabalo e outras tantas a pé participaron da marcha reivindicativa pola defensa dos cabalos do monte, e contra o decreto equino da Xunta de Galicia que obriga a colocación de microchips nos cabalos salvaxes en detrimento das marcas tradicionais. Castrelos (Vigo) recibiu sobre as 11 de mañá aos xinetes e cabalos provenientes d' O Rosal, a Serra da Groba, a Serra do Galiñeiro, Oia, Tomiño e diversos puntos de Vigo.

 

garda-policialAo medio día a manifestación alcanzou a Praza España onde foi lido un manifesto reivindicativo onde os colectivos convocantes sinalaron que están "a favor da identificación dos cabalos salvaxes coas marcas tradicionais e un libro de rexistro oficial", pero en contra de facelo a través do microchip que obriga o Decreto da Xunta de Galicia, por considerarllo inviable economicamente e ineficaz á hora de fiscalizar posibles problemas causados polos animais.

Os manifestantes salientaron que o único modelo sustentable é " perante a creación dun regulamento que obrigue a ter aos cabalos salvaxes identificados coas marcas tradicionais, rexistrados nun libro oficial e das asociacións e cun seguro de responsabilidade que cubra os accidentes e incidentes que se puidesen dar.

Nese senso, sinalaron que no Val Miñor "levamos anos facendo os curros e organizados por asociacións que controlan e se responsabilizan dos cabalos das súas respectivas zonas, e estamos dispostos a mellorar o que teñamos que mellorar e a manter unha tradición que é moi nosa e que non podemos deixar que se perda."

As asociacións lamentaron que a Xunta de Galicia queira "impoñer un modelo que non vai a solucionar os problemas, amparándose na hipotética obrigatoriedade das leis europeas que , hai uns días quedou demostrado que era mentira ao resolver a U.E. unha denuncia presentada pola Asociacións de Propietarios de Cabalos Salvaxes do monte de A Groba, na que se di claramente que a Xunta ten potestade para facer as excepcións que estime oportuno cos cabalos salvaxes e regular a súa identificación cos marcas tradicionais, si así o quixera."

Por outra banda, aclararon que "Non queremos privilexios nin que nos regalen nada. Só queremos manter un patrimonio que é de todos os galegos, para que as xeracións futuras poidan seguir a conservalo e gozalo coas súas festas e beneficios ecolóxicos, tal cal o fixeron os nosos antepasados que foron quen de mantelo ata os nosos días."

Dim lights Embed Embed this video on your site