Martes, 3 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Mougás ficou sen curro, mais Baiona encheuse de cabalos.

Mougás ficou sen curro, mais Baiona encheuse de cabalos.

Correo-e Imprimir PDF
1marcha-cabalos-2012
2marcha-cabalo-baiona
3marcha-cabalos-2012
4marcha-cabalos-2012
5marcha-cabalos
6marcha-cabalos
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

Un centenar de persoas desafiaron a choiva do domingo para manifestar a pé e a cabalo contra o Decreto da Xunta de Galicia que obriga a colocar un microchip aos cabalos ceibes do monte. Convocados pola Asociación de Gandeiros de Cabalos do Monte da Groba, percorreron sete quilómetros dende Fontes (parroquia de Baíña - Baiona) até o Curro de Mougás (Oia). "NON OS M- CHIPS SÍ AS MARCAS" podíase ler na pancarta que abría a marcha que transitou pola Virxe da Rocha, todo o paseo marítimo de Baiona, remontou no Burgo cara Baíña para rematar en Mougás, onde tiña que celebrarse o tradicional curro que como ven acontecendo ao longo do ano con estas festas tradicionais, suspendeuse en signo de protesta.

 

Os gandeiros vocearon consignas reivindicativas das marcas tradicionais como alternativa ao dispositivo electrónico. Nese senso distribuíron volantes entre a poboación no que daban a coñecer o punto de vista dos criadores de cabalos en réxime de liberdade.

Os gandeiros sostén que as marcas co libro de rexistro que leva cada asociación e suficiente garantía do control das bestas. A iso, informan, súmase un dobre seguro -o individual de cada propietario máis o societario- que cobre dabondo os posibles danos materiais no que puidesen incorrer os animais. Pola contra, sostén que o microchip non só e inviable polo seu custe (duns 40 euros), senón que ademais é menos efectivo no rexistro visual dos exemplares.

Fontes do sector, manifestaron que aínda esperan un achegamento ao diálogo por parte das autoridades de Medio Rural, que permita atopar un acordo. Nese senso, a recente informe da Unión Europea que confirma a validez das marcas tradicionais, aínda que sostén que a súa aplicación e resorte do goberno nacional ou rexional, abre a posibilidade dunha rectificación do goberno autonómico.

Esta foi a segunda marcha cabalar, logo da emprendida en outubro de 2011, que cumpriméntase coas suspensión dos curros do Val Miñor no que va do ano, como medidas sensibilizadoras da situación pola que atravesa o sector.

.