Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Seminario de Xeración de ideas e Iniciación Empresarial

Seminario de Xeración de ideas e Iniciación Empresarial

Correo-e Imprimir PDF
Dende  o día Luns 28 de xuño ata o Venres 2 de Xullo terá lugar en Baiona o Seminario â??Xeración de ideas e iniciación empresarialâ??
Dirixido a Estudiantes que desexen complementar a súa formación con coñecementos básicos empresariais. Facéndoselle entrega dun diploma acreditativo. Parados que busquen como alternativa laboral a creación do seu propio posto de traballo.Traballadores que nalgún momento se prantexaran crear unha pequena empresa ou negocio, que desexen coñecer os pasos e trámites e obrigas que conleva unha actividade empresarial. Empresarios que desexen aclarar conceptos empresariais, ou coñecer as subvencións existentes. Ou calquera persoa con inquietudes empresariais.
 

Inscrición totalmente gratuíta nos seguintes números de teléfono: 986 385 910 ou 986 612 505.

Horario: das 10:00 ata as 14:00.

Duración: 20 horas.

Diploma acreditativo para os que asistan ó 80% das horas.

Lugar de impartición: Aula de Formación da casa do mar.Rúa Alférez Barreiro s/n. Planta Baixa.Baiona.


¿Que é MEDAS21?

O proxecto Medas21, enmarcado na Iniciativa equal do Fondo Social Europeo, é unha iniciativa impulsada polos principais axentes sociais e económicos implicados na problemática da discriminación laboral nas zonas do litoral español afectadas pola crise do sector pesqueiro. O seu obxectivo é impulsa-la xeración de alternativas viables de inclusión laboral, estimulando e apoiando a creación de empresas nestas zonas, empresas relacionados co mar e servicios turísticos do litoral.

¿Onde estamos?

A nosa oficina está no Antigo Colexio Manuel Rodríguez Sinde, na rúa Galicia, no concello de A Guarda. O noso teléfono de contacto é: 986 612 505. Correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

¿Que servicios ofrece Medas21?

                             

1.     Información para a posta en marcha de proxectos empresariais.

2.     Xornadas de sensibilización.

3.     Asesoramento para a definición da idea de negocio.

4.     Apoio e tutelaxe na posta en marcha da empresa.

.5.     Información e liñas de axuda.

.

 

 

Seminarios sobre cómo crear unha empresa

       Nestes seminarios pártese de cero: primeiro búscase unha idea de negocio, despois estúdiase a forma xurídica axeitada, os impostos, os ingresos e os gastos e ata se pode facer unha preanálise da viabilidade do negocio