A principios deste mes foi avistado un Ibis Sagrado na Ramallosa

Imprimir

Se ides pola Ramallosa, Sabarís ou Baiona e mirades  un bicho raro coma este, sabede que se trata de un Ibis Sagrado (Threskiornis aethiopicus ,  Latham)  Na actualidade estas aves están localizadas na zona de Irán-Iraq.

 

O Ibis Sagrado que aparece nas fotografías foi avistado por Carlos Paulos Rey e o seu sobriño Miguel na Ramallosa, as 10 ou 11 da mañán.

� rarísimo avistar este tipo de bicho na Europa, polo que

todo fai pensar que se trata de un exemplar fuxido de algunha colección privada ou zoolóxico, que se teña aclimatado na Foz.

Outra posibilidade é que se trate de un "polizón" de algún barco, que tanpouco sería tan raro nos tempos que corren no Iraq.

 

O Ibis Sagrado,  considerado unha deidade polos exipcios, hoxe en día atopase principalmente no Iraq, podendo verse tamén no sur do deserto do Sahara ou en Madagascar.


Habita en lugares onde hai lama; nos manglares, nos campos de cultivo, nas márxes dos ríos. E posible vela noutros lugares un pouco mais secos y tamén en lixeiras. Fai os niños de ramas, en colonias propias e nas das garzas. A niñada normalmente é de dous a catro ovos, que son chocados polos dous pais 28 ou 29 días .

A alimentación basease en pequenos invertebrados. Complementa a sua dieta con ovos e crias de outras aves. Ã? de hábitos diurnos. Pode chegar a ter unha lonxitude de 68 a 80 cm cunha extensión entre as alas de 115 a 125 cm., e un peso de  1.5 kg