A campaña de Vitaminas para o galego aglutina xa a 200 mecenas

Imprimir
calendario vitaminas_galego

A campaña de apoio aos medios en galego comeza esta semana unha segunda fase. Como seguinte paso, “Vitaminas para o Galego” está a traballar para organizar un festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela. O cartel do próximo festival en Compostela no están aínda pechado, pero pola de agora está confirmada a actuación da banda punk de Muros Terbutalina no centro social a Gentalha do Pichel.

Campaña de micromecenas

Ademais, “Vitaminas para o Galego” xa enviou nesta semana as recompensas aos 197 mecenas que aportaron en total 6.830 euros na primeira fase a través de internet, duplicando as expectativas de recadación. Aló van as chapas, os calendarios e os paraugas de todos os que colaborastes coa causa.

Dende valminor.info temos que agradecer aos nosos lectores o seu apoio nesta campaña e a súa implicación na difusión da mesma.

Estes son os nomes dos contribuidores que aceptaron publicar o seu apoio aos medios en galego:

 

Os medios de comunicación que colaboran en Vitaminas para o Galego agradecen publicamente o apoio destas persoas e colectivos que contribuíron a través da plataforma de financiamento social en liña Verkami, traducida ao galego para esta ocasión polo diario dixital Que pasa na Costa. Todos os beneficios das súas contribucións están destinados a financiar a propia campaña e ao mantemento económico das cabeceiras colaboradoras.

23 cabeceiras

A campaña “Vitaminas para o Galego” está artellada polos medios de comunicación: a rede de emisoras municipais galegas RadiofusiónTempos NovosQue Pasa na CostaGalicia Confidencial (GC), Novas da GalizaVal Miñor.Info e Praza Pública; ademais dos medios colaboradores Terracha XaCrónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras, Certo, xornal dixital de Barbanza e Noia, Radio Nordés (Cadena Ser-Costa da Morte), Crónicas da Comarca (Arzúa – Melide), a revista de surf www.surfgz.comCadernos de Comunicación e Analise, “Hermes e Atenea” (xornal de deporte e cultura), Disquecoolo medio de tendenciasmade in Galicia.De Luns a VenresCabozo, a rede social galega; a rede de blogues Vencello,Cartafol, a revista multimedia para Ipad; A Nova Peneira Dixital e o programa radiofónico Plástico Elástico.