Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor 330€ custará recibir os servizos do futuro centro de día mancomunado de Sabarís.

330€ custará recibir os servizos do futuro centro de día mancomunado de Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

Uns 330 euros mensuais custará acceder aos servizos do centro de día que a partir do primeiro trimestre de 2012 poñerá en funcionamento a Mancomunidade do Val Miñor. A tarefa corresponde a un terzo do valor total, sendo subvencionado o resto da contía polos concellos miñoráns e a Xunta de Galicia por partes iguais. A medida foi anunciada pola administración mancomunada logo de asinar un acordo co Consorcio Galego de Servizos e Igualdade e Benestar da Consellaría de Traballo, no que tamén se decidiu elixir o recentemente remodelado centro de Sabarís (Baiona), como base dos servizos.

 A xestión estará a cargo da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), unha entidade sen fins de lucro, constituída por distintas asociacións de ámbito autonómico, comarcal e local, fundada no ano 1990. A tal fin, destinaranse 145.000 euros anuais que cubrirán os custes dos profesionais e operarios que atenderán o centro. Tamén terá lugar unha partida de 85.000 euros para dotar do mobiliario necesario ás instalacións. O gastos de corrente eléctrica estará a cargo do Concello de Baiona.

O centro mancomunando terá espazo para unhas 40 persoas. Unha cifra que dende o PSOE de Nigrán foi cualificada como "absolutamente insuficiente para unha poboación de perto de 50.000 habitantes", como é o caso da bisbarra miñorá.

Pola súa banda, dende o Concello de Nigrán afirman que esta administración local segue en diálogo coa Xunta de Galicia para aloxar en Panxón un centro sociocomunitario que cumpra as funcións de centro de saúde e atención da poboación maior dese municipio.