O miñorano Xosé A.Pereira e a Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñerio reciberon o premio OSÍXENO 2011.

Imprimir
oxdioxred

O labor do comuneiro miñorano Xosé Alfredo Pereira e da Asociacion pola Defensa da Serra do Galiñeiro foron recoñecidos cos premios OSÍXENO 2011á mellor actuación ambiental. Pereira na categoría individual e a Plataforma na colectiva, recibiron a 11ª edición deste galardón nunha cerimonia organizada pola Asociacion para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), creadora do premio, o pasado fin de semana no concello de Arzúa.

 

Ao mesmo tempo, o nada apetecible premio DIOXINA que sinala aos responsables das actitudes ou actividades mais agresivas co medio ambiente, recaeron no alcalde de Barreiros, Alfonso Puente no individual, e na Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, como colectivo.

Segundo ADEGA, o recoñecemento a Xosé Pereira, presidente da Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa e da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (ORGACCMM), esta baseada no seu "seu traballo e compromiso exemplar a prol dun medio rural vivo e sustentábel."

No caso da Plataforma pola Defensa da Serra do Galiñerio, creada o pasado decembro de 2010, "pola súa adicación decidida e intelixente na defensa dos valores naturais e culturais dun territorio ameazado pola especulación e a cobiza das eólicas."

Os galardoados recibiron un diploma e unha escultura comemorativa do plástico Nacho Porto.

Os premios "DIOXINA".

Para ADEGA, o alcalde de Barreiros (Lugo), Alfonso Puente, é o responsalbe dunha "catastrófica e insustentábel política urbanística, exemplo de prepotencia e falta de respecto pola lei e polo territorio." En tanto que á Consellería de Medio Ambiente correspóndelle pola "súa incompetencia e desleixo na xestión do medio rural galego, que para o conselleiro Juárez non ten futuro e está condeado a desaparecer" . A asociación ecolóxica agrega que os responsábeis políticos de Medio Rural, "merecen un cero en conservación da natureza, un cero en prevención e loita contra o lume e un cero en transparencia informativa, non están á altura do esforzo e do traballo desenvolvido polo persoal, gardería e técnicos da consellaría."