Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor A Xunta de Galicia non eximirá aos cabalos ceibes da obrigatoriedade do microchip.

A Xunta de Galicia non eximirá aos cabalos ceibes da obrigatoriedade do microchip.

Correo-e Imprimir PDF
Os cabalos ceibes deberán portar un microchip.

O borrador do Decreto da Xunta de Galcia que regulará entre outros o rexistro e identificación dos cabalos do monte obrigará aos seus propietarios a colocar un transpondedor ou microchip en cada animal. O novo sistema de identificación dos équidos, practicamente non fai distincións entre animais en réxime de explotación económica e os que se atopan en condicións salvaxe. Así o corrobora o capítulo IV do documento onde estipula como réxime xeral a obligatoriedade dos propietarios de contar cun documento de identificación individual, permanente e único para cada animal e a aplicación dun transponedor ou microchip. O documento da Consellería de Medio Rural atópase a partir deste luns 24 de outubro sometido a información pública durante 20 días hábiles.

A norma tamén crea un “Rexistro Galego de espazos de acollida de cabalos en liberdade” no que deberán inscribirse os titulares de espazos agrarios ou forestais con capacidade para manter cabalos en liberdade ou semiliberdade. No caso de que sexan forestais, deberán estar previamete inscritos no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo. Os espazos de acollida terán a condición de explotacións extensivas de équidos en liberdade e deberán cumprir coa normativa vixente en materia de identificación animal, en materia de montes cando proceda e a restante normativa vixente.

A iniciativa de Medio Rural ademáis de regular o rexistro e identificación dos cabalos, tamén inclue a xestión e administración dos animais mostrencos, medidas para a ordenación zootécnica e sanitarias das explotacións equinas, as paradas de sementais equinos con servizo a terceiras persoas e mais a creación do Rexistro Galego de Explotacións Equinas.