O Val Miñor permanecerá cun só axente por quenda no Servizo de Emerxencias.

Imprimir
O Val Miñor continuará incapacitado operativamente cun só bomberio por quenda
O Val Miñor continuará cun só axente-bombeiro por quenda.
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O Servizo de emerxencias do Val Miñor continuarán cun só axente por garda. A decisión foi manifestada no día de onte polo presidente de quenda da Mancomunidade, o alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuíña, e apoiada polos seus pares de Gondomar e Nigrán, segundo manifestaron os catro membros do ex GRUMIR Val Miñor, despedidos en abril pasado.

 

Os traballadores intentaron chegar a un acordo coa administración renunciando a 30 mil euros que o Xulgado do Social Nº1 de Vigo ordenou pagarlles por despedimento improcedente, a cambio de retornar a seus postos de traballo. A iniciativa permitía que o devandito servizo tivera dous axentes por quenda á vez que a súa renuncia pecuniaria equivalía a case medio ano do seus soldos, ademáis do aforro das dietas dos voluntarios de Protección Civil.

A administración mancomunda alegou problemas económicos para denegar a proposta. Tamén reiterou que o obxectivo segue a ser a instalación dun parque de bombeiros financiado pola Deputación de Pontevedra.