Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Roteiro polo Monte Galiñeiro

Roteiro polo Monte Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF

GALIZA NOVA ORGANIZA UN ROTEIRO POLO MONTE GALIÃ?EIRO

Galiza Nova convida a aquelas/es que estean interesadas/os en coñecer un pouco mellor a comarca do Val Miñor ao roteiro que organiza polo Monte Galiñeiro (Vincios) para difundir a riqueza etnográfica, ecolóxica e espeleolóxica que alberga este monte, referente na comarca non só pola súa altura, senón tamén polos petroglifos Auga da Laxe (nos que están representadas as alabardas nas grandes de Europa), as covas, as mámoas, a súa avifauna, etc.

Será o domingo 9 de maio, partindo ás 11 da mañá desde o Bar Vincios (A Pasaxe). Contaremos coa presenza de expertos en espeleoloxia, biólogos e ornitólogos.

O xantar estará organizado (prezos populares), mais quen o desexe poderá comer pola sua conta. Quen desexe xantar coa organización, deberá inscribirse no 628483277.