Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor O curro de Torroña confirma unha corrente á baixa no número de propietarios de cabalos ceibes.

O curro de Torroña confirma unha corrente á baixa no número de propietarios de cabalos ceibes.

Correo-e Imprimir PDF
O curro de Torroña esperta admiración fóra de fronteiras. (imaxe Xilberte Manso)

A rapa das bestas en Torroña foi acompañada por máis de 2000 persoas. A pesar que a multitude o referendou como un dos curros máis populares de Galicia, os organizadores non pechaban a festa con alegría: cen eguas parideiras marchaban aos matadeiros de Portugal, tan só 20 das 200 crías que entraron ao curro volveron ao monte e por máis inri, os asociados "regalan" os seus exemplares para darse a baixa: " a xente non aguanta máis a presión", sinalou Modesto "Terri" Domínguez Roda, presidente da Asociación de Gandeiros de Cabalos de Monte da Groba.

Unhas 800 bestas  e máis 200 crías ingresaron ao curro da parroquia de Torroña, no concello de Oia.  Máis de 2000 persoas encheron cedo as instalacións deste territorio dos límites miñoranos onde habitualmente non viven máis de 100 habitantes. Mais o ánimo  dos propietarios dos cabalos non era o mellor. O prezos dos exemplares ían dende os 30 aos 50 euros: " moito menos do que vale un microchip" ( perto duns 50€), afirmaba Terri Domínguez, ou "un prezo simbólico" , "un regalo" segundo o profesor Xilberte Manso de la Torre da organización SOSGroba.  As cifras repetían a mesma conduta xa amosada no anterior curro da Valga.  A explicación deste fenómeno atópase segundo a asociación de propietarios na intención de moitas familias de quitarse de enriba unha responsabilidade moi cara para os tempos que corren. A manutención dos animais, os coidados, e más a inminente obriga de colocarlles un microchip, fai que a xente se desmotive, afirman.

Durante toda a xornada só tivo lugar unha soa compra entre membros da asociación. Dúas eguas cando o habitual eran que o número de transaccións non baixase das 14 o 15 entre asociados. Estas compra ventas son vitais para a mantenza da especie porque son animais que volven ao monte.  Os que aproveitaron a disparada foron os matedeiros de Portugal que mercaron a moi baixo prezo 100 exemplares  de eguas en idade fértil,  "burras de monte" que xa no percorreran a Serra da Groba.

Outra nova que afectou aos amantes desta tradición foi o rexistro dunha nova baixa de dous asociados. Representantes de familias con longa tradición na súa relación e coidado dos cabalos ceibes, propietarios de 11 e 20 exemplares dos que se desprenderon para fuxir das obrigas que se aveciñan.  Produto desta atmosfera, tan só 20 crías das 200 que ingresaron ao curro volveron á Groba. Unha realidade que pon en perigo o nivel ecolóxico mínimo de mantenza da especie, calculado nuns 50 o 60 exemplares por curro, segundo informaron os expertos.

"A xente está moi quemada", sentenciou Terri Domínguez. O horizonte non amosa solucións para estes mantedores dunha tradición que esperta admiración noutros países. Tal é o caso dun fotógrafo checo que achegouse ao curro. O profesional atopábase realizando o camiño portugués de Santiago e afastouse esa xornada para participar da festa. Segundo conta Domínguez, o visitante non saía do seu asombro pola existencia destas bestas ceibes e a festas dos curros, pero tamén "desta realidade onde poden desaparecer", comentou .

Agora toca ao curro de Mougás.

O próximo domingo 12 de xuños celebrarase o curro de Mougás, unha rapa da que atópanse referencias dende o século XIII. A actividade desenvolverase á altura do quilómetro 7 da carreteira da Virxe da Rocha (Baiona) en dirección á Groba. A festa é totalmente gratuíta.