Mércores, 5 Aug. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor Avelaiña retoma o Programa de Escola de Familia no Val Miñor

Avelaiña retoma o Programa de Escola de Familia no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
avelaia-mesa

A Asociación de Axuda as Persoas con Problemas De Saúde Mental Avelaiña comunica que retomará o 14 de decembro, o Programa de Escola de Familias no seu Centro do Val Miñor, situado en Gondomar. Entre os obxectivos deste programa está "o de servir como apoio e comprensión a aqueles que comparten unha mesma carga: a de convivir coa enfermidade mental, para poder afrontala acompañados e aprender entre todos, a desenvolver condutas e actitudes máis positivas cara á súa realidade cotiá."

Este programa impartirase quincenalmente, os martes, en horario de 19:00 a 20:30 horas, e irá dirixido aos familiares e coidadores de persoas con enfermidade mental crónica, ofrecendo un lugar de encontro entre eles, para que, "libres de prexuízos sociais, que lles fai illarse, poidan compartir as súas dificultades da vida cotiá, potenciando así, a axuda mutua.

Poderán participar todos os familiares e coidadores de persoas con enfermidade mental da zona sur de Pontevedra.

Para solicitar máis información, todas as persoas interesadas poden chamar ao teléfono das Asociación: 986 38 92 33 ou dirixirse persoalmente á sede situada na rúa Mera nº 7, en Gondomar