Sábado, 6 Jun. 2020

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor A cidade de Tui recibe a V Xornada sobre a represión franquista no Baixo Miño

A cidade de Tui recibe a V Xornada sobre a represión franquista no Baixo Miño

Correo-e Imprimir PDF
Cartaz do evento
A Comisión cidadá pola verdade do 36 do Baixo Miño organiza a quinta edición consecutiva das xornadas sobre memoria histórica, durante os días 18, 19 e 20 de novembro, no auditorio de Santo Domingo, na cidade de Tui. Nesta ocasión as xornadas ten por lema "Oposición política nos anos 60 e 70. Homenaxe a Xulia Suárez e Xosé Luís de Dios".

 

As xornadas comezan o xoves 18 cunha homenaxe a Xulia Suárez Martínez, loitadora social, galeguista e defensora dos dereitos da muller, fundadora da Comisión cidadá pola verdade do 36. De seguido , o investigador Miguel Barros presentará o tema "A oposición non nacionalista en Galicia".

O venres 19, ás 20:30 horas, toca á conferencia de Bautista Álvarez sobre "De Brais Pinto á fundación da UPG". O sábado 20 ás 18:00 horas, o programa continúa coa disertación de Cristal Martínez "Arte e antifranquismo. O grupo do Volter". Ás 19:30 se realizará a homenaxe a Xosé Luís de Dios, o recoñecido pintor ourensán, finado este ano en Tui. As xornadas rematarán coa actuación musical de Tomás Camacho e a intervención do político nacionalista Xosé Manuel Beiras.