Volve a Oia o temor polo lume. Os veciños da parroquia de Santa María espertáronse onte con cheiro a queimado, cando na súa memoria aínda perduran os incendios que fai dous anos arrasaron a maior parte da superficie forestal deste municipio e puxeron varias vivendas en perigo.
As chamas localizáronse esta vez cerca do límite co municipio veciño do Rosal e chegaron a poucos metros da estrada da costa en dirección cara á Guarda.
Arderon máis de dez hectáreas de superficie arboredo en leiras particulares e en terreos da comunidade de montes e o máis grave é que unha vivenda estivo a piques de resultar afectada.
Continúa na Voz de Galicia