Un incendio que se declarou esta pasada madrugada en Santa María de Oia (Pontevedra), a 200 metros dunhas vivendas, quedou extinguido á primeira hora da mañá.
Un portavoz do servizo de urxencias da Xunta informou de que os veciños alertaron da existencia do lume ás 5.20 horas da madrugada, e pouco despois axentes da Garda Civil desprazáronse ata o lugar
A Consellería de Medio Rural informou de que nos labores de extinción do lume participaron tres axentes forestais, sete brigadas, catro motobombas e un helicóptero, cando empezou a abrir o día.
O alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, informou de que o lume estaba controlado e practicamente extinguido ás oito e media da mañá.