Na dita xuntanza quedou patente a vontade coincidente de ambas administracións de apostar polo transporte público e sentáronse as bases en que se materializará a dita aposta.
Acordouse que, no futuro, e cando sexa aprobada polo Parlamento galego a Lei da Área Metropolitana de Vigo, serán os órganos xestores correspondentes da dita Área Metropolitano os que se convirtan na autoridade competente en materia de transportes e, por tanto, a que xestione o Plan de Transporte que se pretende pór en marcha.
As distintas administracións, tanto autonómica como locais, contribuirán á promoción do transporte público mediante a subvención do prezo do billete de acceso a Vigo, de tal xeito que os viaxeiros teñan que pagar unha menor contía por cada viaxe que realicen. A Xunta de Galicia subvencionaría 0,21Euro, os concellos 0,10Euro e os operadores de transporte 0,04Euro.
Para acceder a esta redución do prezo do billete será necesaria a utilización de tarxetas-moedeiro, que se pretende que sexan compatibles coa tarxeta actual do transporte urbano de Vigo, de xeito que un viaxeiro poida aboar indistintamente con calquera das dúas tarxetas tanto as viaxes nos servizos interurbanos como nos urbanos de Vigo.
Tamén se acordou que se estudará a adopción de medidas tendentes á articulación dos servizos interurbanos cos servizos do operador urbano de Vigo (Vitrasa).
A curto prazo estudarase a posibilidade de establecer un billete que permita o trasbordo entre servizos interurbanos e o urbano de Vigo.
En próximas datas contactarase co resto dos concellos integrantes da primeira fase deste proxecto, Moaña, Cangas, Nigrán, Mos, Redondela, Porriño e Gondomar, para coñecer as súas propostas e tratar de plasmalas nun acordo definitivo que permita darlle darlle un pulo definitivo ao transporte metropolitano na área de Vigo, aos que, nunha segunda fase, se engadirán o resto dos concellos da área metropolitan de Vigo. Para iso será necesario que todos os concellos aproben, nos seus órganos correspondentes (Plenos ou Comisións de Goberno) a proposta de convenio que se está elaborando pola Administración autonómica.
De igual xeito tamén se realizarán contactos cos distintos operadores de transporte implicados neste Plan, tanto interurbanos, operador urbano de Vigo e operador do transporte de ría.