Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Toda Galicia en pé pedindo DIGNIDADE por estes 365 días.

Toda Galicia en pé pedindo DIGNIDADE por estes 365 días.

Correo-e Imprimir PDF
Nunca Mais continua a traballar. Hai moitos máis actos dos que estaban hai uns dias. As actividades xa comezaron e con grande éxito de asisténcia. De todos xeitos, ainda faltan comarcas e concretar datas e horas, mais se quixeras estar informado/a ao dia das actividades de Nunca Máis continúa leendo...

O dia 13 haberá concentracións comarcais a partir das oito da tarde e o 16 de novembro todos e todas a Compostela á manifestación que sairá ás 12 da Alameda. Aqui está un avanzo das nosas actividades!

3 de novembro

NM A Mariña3 ao 13 N- mesas en Ribadeo, Foz e Burela.

NM Ourense3 ao 15 N- de 19 a 21h, mesas informativas na rua do Paseo con información e proxección de videos.

4 de novembro

NM Ourense: No Ateneo de Ourense (rua Curros Enríquez 1), Mesa redonda: â??Información e contrainformaciónâ??, ás 20, participarán Comba Campoi, Contramaré, Xosé María García Palmeiro - Decano Colexio Xornalistas, Elvira Varela , xornalista da TVG e Rocío Castro, xornalista e anterior responsábel de prensa de NM. Modera Camilo Franco, xornalista e escritor.

5 de novembro

NM Vigo: �s 20h unha proxección de audiovisuais sobre a catástrofe do Prestige. Será no Auditório do Concello, na Praza do Rei.

NM Ourense: No Ateneo de Ourense (Curros Enriquez 1), mesa redonda: â??Xustiza, Economia e Pescaâ?? , modera Héctor López Castro da Comisión Xurídica de Nunca Máis, e participan Xoán Ramón Doldán García, Profesor de Economía Aplicada da USC, Manuel Maneiro, Confraría da Póboa do Caramiñal, Maria Paz Garcia Rubio, Catedrática de Dereito Civil da USC.

6 de novembro

NM A Coruña: Mesa redonda, ás 20 h, no salón de Actos da ONCE da Coruña (no Obelisco), "Repercusións económicas do Prestige para a economia galega: Plano Galicia". Modera Manuel Rivas, e participarán Xoan Ramón Doldán, economista da USC, e Torcuato Teixeira, patrón maior da confraria da Coruña.

NM Pontevedra: ás 20h, no Casal de Ferreirós en Poio, proxección do DVD-resumo sobre o acontecido durante este ano desde que afundiu o Prestige.

NM Lugo: Fundación Caixa Galicia, ás 20h, â??Situación actual da catástrofe do prestige, desde Galiza até Bruxelasâ??. Participarán Camilo Nogueira e Rodriguez Pardo.

NM Berlín: Charla na Universidade "Viadrina" (Frankfurt Oder).

7 de novembro

NM Val Miñor: Auditorio de Baiona, ás 18h, proxección de material audiovisual e colóquio

NM Baixo Miño: ás 20:30 horas, no Centro Cultural de A Guarda, O Prestige: un ano despois. Consecuencias economicas e meio-ambientais. Participaran na mesma: Albino Prada Blanco, Profesosr de Economía da Universidade de Vigo, Alfredo López Fernández, Biologo, membro de CEMMA.

8 de novembro

NM Chantada: Cea colóquio de NM ás 21.

NM Carnota: Do 8 ao 16 de novembro: Exposición â??Dende as nosas fiestrasâ??, â??Crónica en imaxes do desastreâ?? e â??H2OILâ??en todas as parróquias do concello.En Lariño estará situada no Leiradal, en Mallou-Maceiras no campo da festa, en Carnota na escola e no Concello, en San Mamede no campo de Canedo e no Pindo na escola e mais na Confraria.

NM Compostela: Instalación mesa informativa na Pza do Toural pola mañá.

NM Pontevedra: os dias 8 e 9 de novembro colocaran-se mesas na rua.

NM Vigo: no Pavillón do Berbés a partir das once da noite Concerto Negro con Alberto Bundi, Renato Spencer e a Banda Melgacha. (6 euros).

NM Salnés: ás 20 acto lúdico no cine Capitol da Illa de Arousa.

9 de novembro

NM Pontevedra: Mesas informativas de NM Pontevedra polas ruas da cidade de Pontevedra.

10 de novembro

NM A Coruña: Mesa redonda, â??Cuestións xurídicas e técnicas da catástrofe do Prestigeâ?? , participarán Felipe Louzán, capitán da Mariña Mercante, e Pedro Trepat, advogado e coordenador da Comisión Xurídica de Nunca Máis.

NM CompostelaInauguración da exposición fotográfica da comarca no Dezaseis (rua de San Pedro 16) ás 12.30 da mañá.

NM Valdeorras: Proxección de audiovisual na Casa da Cultura do Barco de Valdeorras ás 20'30 horas.

NM Condado: 20.30 h., no Centro Artístico Sportivo: Conferencia-coloquio a cargo do avogado Héctor López de Castro, da comisión Xurídica de Nunca Máis, sobre a situación na que se atopa a querela de Corcubión, e sobre a "Comisión de Investigación" que se pretende abrir no Parlamento Europeu.

NM Salnés: ás 20 na Casa da Cultura de Vilagarcia proxección dun video e mesa redonda con Francisco Iglesias da confraria de Ogrobe.

11 de novembro

NM Ferrolterra: Proxección audiovisual no Ateneo de Ferrol ás 20.30

NM Condado: 20.30 h., no Centro Artístico Sportivo: Proxección audiovisual e colóquio.

12 de novembro

Apresentación do Filme de Nunca Máis no Festival de Ourense.

NM Ourense: ás 20, no Ateneo (Curros Enriquez 1), conferéncia sobre â??Voluntariado, medio ambiente e saudeâ??. Participarán: Jorge Pérez , vicepatrón Maior Da Confraría De Aldán, Xabier Pumariño, Adega, e Miguel Anxo Murado, Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo. Modera: Xosé Santos Otero - Secretario de Saúde Laboral e Medio Ambiente CC.OO. Ourense.

NM Valdeorras: Charla sobre "as repercusións económicas da catástrofe do "Prestige"", ás 20'00 horas no Edifício Multiusos do Barco de Valdeorras.

NM Condado: 20.30 h., no Centro Artístico Sportivo: Conferencia-coloquio a cargo de Martiño Nercellas Méndez, biólogo e coordinador da Comisión de Espacios Naturais da Federación Ecoloxista Galega, sobre as consecuencias medio ambientais provocados pola limpeza de chapapote.

NM Compostela: 19h, galeria Sargadelos, proxección do video Nunca Máis, marea de dignidade, e conferéncia con X.R. Doldán, economista, Xosé Salvadores, da comisión Xestora de Nunca Máis.

13 de novembro

NM A Coruña: ás 20, concentración diante do Quiosque Alfonso. Prega-se á xente que leve roupa negra, que porte unha vela e unha cacerola. O velório deste cabodano será dirixida polo pai "Manuel Lourenzo" e haberá unha cacerolada, un minuto de ruido, ademáis do citado velório.

NM A Mariña: 12h despregue dunha pancarta de 60 metros na ponte do tren de Viveiro, ás 12 manifestación estudantil en Burela, ás 20.30 concentración en Foz (acto literario-musical e contacontos) Paros nos centros de ensino médio da comarca.

NM A Estrada: ás 20h, concentración na Praza da Farola.

NM Ferrolterra: actos musicais poéticos ás 19 no Cantón de Molins, ás 20 concentración.


NM BergantiñosConcentración ás 20.00 na Praza do Concello de Carballo.

NM EuzkadiConcentración na subdelegación do Governo en Bilbao ás 20.30.

NM Val Miñor: concentración con velas na Palma (Baiona), ás 20.30.

NM Ourense: as 20.00 Praza Maior de Ourense concentr ación, 21.00 Praza de Madalena acto lúdico festivo con magosto e gaiteiros con chourizo, bica de Trives, castañas e licor café.

NM Lugo: concentración, 20.30 diante do concello.


NM Irlanda Charla na universidade de Galway en Irlanda sobre o Prestige un ano despois.

NM Baixo Miño: concentración na Praza do Reloxo da Guarda, ás 20:30 h.

NM Costa da Morte: ás 20, Velório do mar, en Fisterra. Cruces na area en memoria do mar ferido de morte. Praia da Ribeira, Fisterra.

NM Condado: 20.30 h., na praza Bugallal (praza da Igrexa), concentración-velorio.

NM Compostela: 16.30-19.00 Mar de Tinta organiza un Maratón recital-leitura de textos contra o chapapote. Colaboran Contramaré, Colectivo Chapapote, Burla Negra. Haberá animación de rua e convida-se a toda a xente a participar. 20.30, concentración na Praza do Toural. 22.30 Sala Nasa: Presentación do libro disco Sempre Mar, da Plataforma Burla Negra. Intervirán Alfolies, Ruxe Ruxe, Pilocha, Roberto Parada. Liñaceira. Varios actores e actrices interpretarán textos da publicación e todos os/as autores participarán subindo ao cenário nunha sorpresa final.

NM Catalunya: 13 ao 19 de novembro, Intervención poética simbólica na Torre del Rellotge do Porto Vello de Barcelona.

NM Granada Rolda de prensa de NM Granada en apoio ás mobilizacións galegas e para falar do cabodano do Prestige.

NM Barbanza: Concentracións diante dos concellos de Ribeira, Pobra, Boiro e Rianxo (ás 12:00 h.)

NM Pontevedra: Concentración comarcal na Praza da Verdura de Pontevedra ás 20:30 horas. Ao remate da concentración contaremos con actuacións musicais.

NM Alacant: Rolda de prensa na praia do Postiguet con leitura de manifesto, ao mesmo tempo que se descolgará unha pancarta de 25 m de longo x 9 ancho desde o Castelo de Sta Bárbara, pola ladeira que mira cara a praia onde faremos a rolda de prensa. A pancarta verá-se desde vários pontos da cidade.

NM Vigo: ás 20h, concentración na Praza da Princesa.

NM Salnés: ás 20h, concentración na Praza de Galiza de Vilagarcia de Arousa.

NM Muros: ás 20,30h, concentración na porta do Concello, ás 21,00h, prendemento no balcon da Casa do Concello da bandeira de Nunca Máis.

NM Valdeorras: Concentración na Praza do Concello do Barco de Valdeorras ás 20'00 horas

14 de novembro

NM Ourense: ás 20, no Ateneo (Curros Enríquez 1), conferéncia: â??O Movemento Nunca Máisâ??, na que participarán: Uxía Senlle, Concha Fernandez (Area Negra), Xurxo Souto e Bieito Lobeira. Modera Xavier Paz.

NM Condado: 22.30 h. no pub "Autótono": concerto folk (grupo por confirmar). Entrada libre.

NM Bergantiños: roteiro polas balsas de chapapote e pola costa desde Compostela a Laracha, Cerceda e Costa da Morte na mañá, e presentación do libro disco de Burla Negra, Sempre Mar, con actuacións musicais e recital poético, na Casa da Cultura de Carballo.

NM Barbanza: Concentración comarcal na praza do concello de Boiro (20:30 h.) -Mesa redonda na casa de cultura de Boiro (21:00 h.) na que falará Xosé Deira, alcalde, Manuel Maneirao, patrón maior da Póvoa do Caramiñal, e Comba Campoy, actriz, pola Plataforma Nunca Máis.

NM Muros: A partir das 20,00 horas, concertos simultáneos perante toda a noite en diversos locais do Concello.

NM Paris: Ppola mañá a Plataforma Nunca Máis intervirá nunha das conferéncias do Forum Social Europeu de Paris. �s 17 na Sorbonne Nouvelle Paris III haberá unha proxección de DVD e un acto para falar sobre un ano despois do Prestige con Francisco Peña, e Camilo Nogueira falará da seguridade maritima na Galiza.

15 de novembro

NM Carnota: Maratón de video o 15 de novembro nun lugar ainda por determinar.

NM Granada: Charla- Coloquio de Lois Manuel Juiz (Coordenador de NuncaMáisGranada) nos actos que se celebrarán na Casa da Mocedade do Concello de La Zubia. Proxección audiovisual.

NM Costa da Morte: na Alameda de Cee: Proxección dun documental audiovisual ao aire libre.

NM Valéncia: 20h, Conferéncia e mesa redonda "A maré negra. Un ano depois". Coa intervención de várias persoas em representación da Plataforma e de outros colectivos como o voluntariado. 24h, Proxeccións na rua sobre a catástrofe e o tratamento político e mediático da mesma.

NM Condado: pola mañá, na rúa da Constitución: instaleremos un posto informativo e de venda de material coincidindo coa feira dos sábados.

NM Catalunya: Concentración no Porto de Barcelona, organización conferencias, comida popular, actuacións musicais e teatro de rúa, montaxe de paneis e mesas informativas e proxección de audiovisuais.

NM Berlín: festa solidária com charla, performance e música

NM Muros: As 20,00 horas, Charla e contacontos.Pola noite varios locais agasallarán con pins aos clientes ao tomar unha consumición.

E o 16 de novembro, domingo, ás 12 da mañá, todos e todas a Santiago de Compostela á manifestación da Plataforma Nunca Máis.

Non esquecemos, os seus 365 dias de incompeténcia e os nosos 365 dias de dignidade. Nunca Máis!

Fonte www.plataformanuncamais.org